¿Qué somos? ... Un Club, una Escuela, un Equipo, una Familia

NTéC: Aprendendo a salvar vidas

NTéC: Aprendendo a salvar vidas

Como Non Todo é Correr (NTéC), o clube en colaboración co Servicio de Cardioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, en concreto cos profesionais dos Departamentos de Hemodinámica e Electrofisioloxía, realizou en días pasados no Estadio Municipal de San Lázaro, unha taller de Reanimación Cardio Pulmonar, básica e avanzada, para que os atletas máis cativos do clube, aprendan a salvar vidas, en calquer momento da súa vida. Con monecos e con DESA (Desfibrilador Externo Semi Automático), os atletas das categorías infantil e superiores aprenderon os pasos necesarios, para facer unha reanimación cardio-pulmonar, e sobre todo, o que Non...

UN ABRIL PARA O RECORDO.

Cando xa maio vai polo seu ecuador  poñemos resumo do feito en abril. Temos que pedir desculpas polo retraso pero os frontes abertos son moitos e as horas poucas. Non son tan poucas as  que empregan os nosos  corredores, que non paran: maratóns, medias, carreiras infinitas, e as cabras montesiñas que desta volta chegaron hasta o europeo. Todas e cada unha das participacións teñen moito mérito pero, ás veces abráiamonos porque a nosa xente fai cousa grandiosas. Mención especial para Mario R. que nos representou no europeo de Montaña, acadando un resultado espectacular. E como non, tamén mención para as...

DESPEDIMOS MARZO.

Marzo despide o inverno que se vai a descansar hasta que lle toque nova quenda; a Primavera avanza facéndose oco,  xa nos chega o arrecendo as mimosas e ás flores do cereixo, saen fungando do chan os narcisos e as calas. Medran os días e muda a hora . Se algún preguiceiro se quedou aletargado no inverno que se vai espabilando porque agora xa non hai escusas. Despedimos marzo  cargadiño de quilómetros, moitos por monte onde a nosa xente se está atopando moi a gusto, iso de mollar os pes deixou de ser escusa e pasou a ser preciso. Tamén...

SUBCAMPIONAS no Galego de Campo a Través Escolar – Xogade

O pasado sábado 11 de Marzo, disputabase en Vilalba o Campionato Galego de Campo a Través en Idade Escolar – Xogade, no que o clube estivo representado polo Equipo Infantil Feminino  formado por: Xiana Brea, Candela Cesar, Ainoa Gontán, Carmen Juanatey, Lea Mota e Candela Pereira, Así como por Pablo Rey competindo individualmente na categoría Cadete Masculino. Ata alí desprazaronse acompados polo seus adestrador Diego Pazos e polas súas familias que estiveron animando en todo momento. Comenzou Pablo Rey ás 11:30 horas cunha carreira de 4.400 mentros por un circuito duro, no que reservar forzas na primeira parte da proba...

ADEUS FEBREIRO.

Atrás queda febreiro, atrás queda o Entroido, peliqueiros e cigarróns, felos e boteiros, xenerais e folións ;xa descansan nas súas caixas arroupados polo cheiro do alcanfor, agardando pola festa do  vindeiro ano. Co sabor das filloas e das orellas no padal  dicimos adeus ao inverno e recibimos a primavera que xa ben petando a porta. Estes días dounos para moito o que máis, monte. Mandamos xente a un dos trail máis completos e difíciles  do que hai no calendario  ao Quiroga Trail Challenger, xente Valente  Saky e LlorenÇ. Deixámonoss ver polo trail de San Isidro e polo Trail Galica de...

CROSS, TRAIL, MEDIAS…

  Febreiro dou comezo forte, as dúas primeiras semanas deron para facer cross, trail , medias… Visitamos Cataluña da man de Moure, a Portugal leváronnos Pumi, Saky e Fon. Cada vez as nosas cores vanse máis lonxe!. O trail e as medias foron as disciplinas estrela desta quincena; será que a xente sabe que se achega o entroido e anda a facerlle sitio ás filloas, ás orellas e aos cocidos no bandullo. Pois a queimar que toca. Imos co resumo: CROSS DE A  BAÑA LUGAR: CONCELLO DE A BAÑA DATA: 05 DE FEBREIRO DE 2017 O Concello de A Baña...

ATRÁS DEIXAMOS XANEIRO.

Atrás deixamos o mes de xaneiro, Peterhansel gañou o Dakar en coches, a liga de fútbol pechou  o mercado de inverno, Federer gañoulle a Nadal o Open de Australia, e os do Fontes do Sar cada día dan máis guerra, porque cada día son máis e mellores. Este xaneiro deixounos quilómetros de asfalto de pista e de monte, deixounos podios, mellores marcas, clasificacións,… deixounos éxitos e derrotas , algunhas pequenas lesións que de seguro non serán nada. Imos co resumo: CARREIRA:VI CROSS DOS MENHIRES DATA: 21 DE XANEIRO DE 2017 .12:30H DISTANCIA:  6,15 km. LUGAR:  SAÍDA PRAZA DE ESPAÑA Os...

GALA CIRCUITO TRAIL GALAICA 2016

NON HAI COMO TER ALMA DE CABRA MONTESIÑA. O pasado sábado 21 de xaneiro celebrouse a Gala do I Circuíto de Carreiras de Montaña Trail Galaica 2016, O Concello da Pobra do Caramiñal acolleu  esta festa do deporte ,que tivo lugar no Teatro Elma, ás 20.00h. Un circuíto que pechou a súa andaina o pasado mes de decembro no Concello de Noia. Sete Concellos foron os integrantes nesta edición de 2016: Ames, Sanxenxo, A Pobra, Muros, Boborás, A Baña e Noia. Na Gala,  entregáronse os galardóns aos mellores atletas do Circuíto, tanto absolutos, como das categorías establecidas no regulamento do...

NTéC : Charla “Tácticas nutricias para runners y deportistas de fondo”

O pasado mércores 25 de xaneiro tivemos a ocasión de disfrutar da conferencia “Tácticas nutricias para runners y deportistas de fondo” impartida por Santiago Carro Varela. Preparador físico y técnico especialista en Dietética y Nutrición, tricampeón galego de físico-culturismo e subcampeón de España, conferenciante e colaborador habitual en diversos medios, falounos do seu novo libro “Las 67 preguntas sobre nutrición y salud que usted debería hacerse”, e deunos diversos consellos para mudar os nosos hábitos alimenticios e poder disfrutar ou rendir ó noso máximo nivel no deporte e no noso día a día. Queremos agradecer encarecidamente a colaboración de CaixaBank, por cedernos as...

NERE, Campiona Galega Absoluta no 60 ml.

O pasado sábado 21 tivo lugar no Módulo Cuberto de Gregorio Pérez Rivera de Lugo unha nova edición do Campionato Absoluto de Galicia PC dos 60 ml. e 60 m. valados contando cunha importante participación de atletas destas disciplinas achegados dende varios recunchos da nosa Comunidade que se verían na loita polo título galego. A gran cita da velocidade galega, que se disputou en xornada de tarde, contou coa presenza dalgúns dos millores especialistas galegos como Jean Marie Okutu, Pablo Comendador, José Ignacio Tomás, Teresa Rodríguez Miguelez, …. entre outros, e como cabía esperar, os nosos velocistas CARLOS e NERE...