¿Qué somos? ... Un Club, una Escuela, un Equipo, una Familia

Campionato de Campo a Través en Idade Escolar – Fase Zonal.

O pasado sábado 12 de Decembro tivo lugar, en xornada de mañá, a 1ª Fase do “Campionato de Campo a Través en Idade Escolar”. Os nosos pequenos acudiron a esta cita disputada no parque da Alameda de Santiago de Compostela, que reuniu ó redor de 400 rapaces da zona. A proba deu comezo en torno ás 11:00 disputando distintas carreiras nun circuito marcado na mesma Alameda, enchendo así de vida o entorno e despertando o asombro dos demáis paseantes da zona. Destacou a gran participación da nosa Escola :   Benxamín Feminino (500 m) : Equipo A (2º) Equipo B...

Percorrendo a nosa xeografía coa “Subida á Curota”, “C.P. San Cibrao das Viñas”, “Memorial Adolfo Ros” e a “Sin-Son 10K”.

Non hai fin de semana na que os nosos atletas non poñan as zapatillas para ir correr, e que mellor se é competindo … Comezamos o noso percorrido polas Terras do Barbanza …   III SUBIDA Á CUROTA, A POBRA DO CARAMIÑAL. Día da Inmaculada Concepción celebrado por todo o alto, nunca mellor dito, con este evento deportivo ao que acudiron catro dos nosos atletas a pesares de ser un día festivo. Tratábase de subir ata o alto do “Miradoiro da Curota” despois de  completar un traxecto de 7200 m disfrutando ao mesmo tempo dunhas vistas espectaculares; (dende a cima...

11 Podiums para o Fontes do Sar na “Gala CorreSan 2015”.

Como xa ben sabedes, o pasado mércores día 2 de Decembro celebrouse no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela a “Gala Circuito CorreSan 2015” que puxo o broche de ouro á “IV Edición do Circuito de Carreiras Saudables CorreSan”, onde se procedeu á entrega de premios, chegando así a súa fin. E como non podía ser doutro modo, o noso Clube subiu a Podium en once ocasións en máns de : CON MEDALLA DE OURO: Iago (Bennxamín Masculino) Sofi D. (Bennxamín Feminino) Mate (Alevín Masculino) Iago P. (Cadete Masculino)   CON MEDALLA DE PRATA: Xiana (Alevín Feminino) Isa Quireza (Veterana B Feminina) Equipo...

Pero non todo vai ser Pista

Como non todo vai ser Pista, vámonos centrar noutros tipos de competicións que se disputaron nas pasadas fins de semana e que son propias desta época do ano. Tales son os Trails, os Cross, ademáis das Carreiras Populares que sempre están presentes no calendario de tódolos corredores e en calquera época do ano: 2º TRAIL SAN ANDRÉS DE TEIXIDO 21K- CEDEIRA. Disputado o domingo 22 de Novembro en xornada de mañá, na que estivo presente o frío. E que mellor maneira de combatilo facéndolle fronte a este tipo de probas de largo percorrido e ademáis en montaña. 21 km que discurriron...

Boa actuación a dos nosos rapaces e rapazas no “XIV Trofeo Cidade de Narón”.

  Os nosos pequenos, non tan pequenos, desprazáronse este sábado 28 de Novembro ata Narón, acompañados polo seu entrenador Luis e o presidente do Clube José Antonio Juanatey, para participar no “XIV Trofeo Cidade de Narón”, que se disputou en xornada de mañá no Estadio de Río Seco, co fin de obter novas marcas ou mellorar as existentes que lles permitirán acadar os seus obxectivos cara a tempada de Pista Cuberta. E así foi, non hai máis que ver os resultados, onde sí se melloraron moitas marcas e estableceron novos Recors do Clube : 60 ml Infantil Masculino Pto. Cat. Nombre MM...

II Carreira Pedestre Concello de Muxía.

Carreira integrada no II Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”, sendo a derradeira proba do circuito. Pese ao desapracible día do pasado domingo 22 de Novembro, dous corredores do noso clube desprazáronse ata alí para asistir neste evento deportivo:  representando a Escola, o noso pequeño Noé que conseguiu un segundo posto na súa categoría e na categoría absoluta, a recén chegada a nosa gran familia, Bea. Participando cadanseu na súa proba, obtiveron os seguintes resultados: Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Ofic. Ritmo T.Neto Pto Cat. NOÉ 9 2035 Benx-M 740 m 2.47 – – 2 BEA 83...

Participación do noso Clube na “IV Media Maratón Solidara Zona Aberta, Vilagarcía de Arousa, a favor de Arousa Solidaria”.

    O pasado domingo día 22 de Novembro, nunha fría mañá plenamente outonal, preto de 640 atletas tomaron saída na “IV Media Maratón Solidara Zona Aberta, Vilagarcía de Arousa, a favor de Arousa Solidaria”, para cubrir unha distancia de  21.097 metros que compón esta proba, completando dúas voltas a un circuito totalmente urbano homologado pola R.F.E.A. cun percorrido chan que dou lugar a unha carreira rápida. O evento foi organizado pola Asociación de Comerciantes Zona Aberta do Centro Comercial Aberto  coa colaboración do Concello e o Clube ATENAS RUNNING VDA cun fin totalmente solidario, onde a recadación das inscricións se...

Fin de Semana en Pista coa “Liga Escolar Federada” e o “Campionato Galego de Marcha de Inverno”.

  Fin de semana complicada en canto a condicións meteorolóxicas se refire. O tempo estival acompañou aos nosos pequenos que acudiron, o pasado sábado 21 de Novembro, á cita coa Fase Clasificatoria da Liga Escolar Federada, que tivo lugar, en xornada de mañá, no Estadio Municipal de A Malata en Ferrol e reuniu ás categorías Benxamín, Alevín e Infantil da Zona Norte (Coruña e Lugo). Pese ó mal tempo, os nosos pequenos puxeron tódalas súas ganas para acadar os mellores postos, polo que valoraremos dobremente o seu esforzó, quedando a clasificación da seguinte maneira : 1º Posto, o Equipo Alevín...

XXXIX Carreira Pedestre Popular San Martiño 2015.

Volvemos de novo a nosa terriña, en concreto a cidade das Termas, onde as temperaturas propias do ano sí se deixaron notar acompañando aos corredores que se desprazaron ata alí, o pasado domingo 15 de Novembro,  para disputar a “XXXIX Carreira Pedestre Popular San Martiño 2015”. Evento que reuniu a preto de 11.720 corredores achegados dende tódolos recunchos que completaron os tradicionais 10000 m desta carreira e que xa é todo un  referente no calendario de moitos atletas, entre eles os do noso Clube : Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo Pto Cat. NEME 38 226 VetA-M 10000 m...

A Camiseta Viaxeira na “51 Behobia/San Sebastián”

Como ben sabedes todos, unha das pasadas fins de semana, a nosa Camiseta Viaxeira  viaxou, nunca mellor dito, cun numeroso grupo de atletas do noso Clube cara ó País Vasco para participar, na mañán do domingo 8 de Novembro, na “51 Behobia/San Sebastián”, para completar un percorrido de 20km cun duro perfil que acumulou preto de 200m de desnivel. Unha carreira apreciablemente multitudinaria, catalogada como preciosa cun bonito trazado, que reuniu a preto de 35.000 corredores dos que 26.649 cruzaron línea de meta. Moitos dos abandonos foron ocasionados , sen dúbida, polas altas temperaturas impropias desta época do ano (30°C)...