Club de Atletismo Fontes do Sar

Written by Pedrito
mayo 6th, 2013

II CIRCUITO DE CARREIRAS SAUDABLES “CORRE SAN”

 

A segunda edición do circuito de carreiras Corre SAN costará de 5 probas que se disputarán nos meses de maio, xuño, xullo, setembro e outubro de 2013, así como a I San Silvestre Compostelana o 31 de Decembro de 2013.

En cada proba haberá un percorrido para escolares e outro para adultos. Este ano faranse duas probas para atletas discapacitados.

25 de Maio: Corre SAN Campus Sur

22 de Xuño: Corre SAN Campus Norte

13 de Xullo: Corre SAN NOCTURNA Cidade Vella

14 de Setembro: Corre SAN Centro Comercial Compostela

13 de Outubro: Corre SAN Cidade da Cultura

 

REGULAMENTO XERAL: CORRE SAN

 

 

 

 

 

Written by Pedrito
mayo 6th, 2013

CAMPIONATO GALEGO DE MILLA E 1000 METROS EN RUTA

RESULTADOS:

Con un sol excepcional, María Lama subeu o podium como 1ª Clasificada Prebenxamín mulleres (500mts) na Milla de Padrón. Tamén subeu o podium como 2º Clasificado Prebenxamín homes, Nicolás Pais.

 

 

 

 

O domingo 12 de Maio terá lugar o Campionato Galego de 1km en ruta benxamín, alevín e infantil, así como o Campionato Galego Absoluto de milla en ruta e das categorías cadete, xuvenil, junior, promesa e veterán. Os campionatos terán lugar nun circuito homologado pola Real Federación Española de Atletismo na localidade de Padrón (canal de derivación do río Sar). Conxuntamente celebrarase a III Milla Urbana do Concello de Padrón 2013 para todalas categorías incluidas os Prebenxamíns (500 metros)

REGULAMENTO: MILLA PADRÓN 2013

Written by Pedrito
abril 26th, 2013

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN IDADE ESCOLAR

RESULTADOS: provincial escolar 2013

Gracias a tod@s por participar con deportividade e compañerismo. Foi a primeira vez, que asistiamos a un Provincial Escolar e os resultados foron moi bos:

Campiona Provincial Alevín 60 ml: Nerea Iglesias en 8,60

Campiona Provincial Alevín Lonxitude: Nerea Iglesias con 3,52

Subcampión Provincial Benxamín 50 ml: Pablo Villaverde en 8,10

4º Clasificado Provincial Benxamín 500 ml: Pablo Villaverde en 1.48,13

4ª Clasificada Provincial Alevín 500 ml: Xulia Maroño en 1.43,78

4º Clasifcado Provincial Alevín 1000 ml: Sergio Carballal en 3.35,56

4ª Clasificado Provincial Benxamín 1000 ml: Candela Pereira en 4.27,01

5º Clasificado Provincial Alevín Triatlón: Mario García (60ml 10.10; lonxitude con 3,00; Peso 2kg con 4,90)

5º Clasificado Provincial Benxamín 60 ml: Gabriel Calo en 9,70

5ª Clasificada Provincial Benxamín 500 ml: Carmen Juanatey en 1.52,56

6º Clasificada Provincial Benxamín 50 ml: Candela Pereira en 9,50

6ª Clasificada Provincial Benxamín Pelota: Celia Mira con 13,76

6º Clasificado Provincial Infantil Tetratlón: Bieito Pita (80ml 12,78; lonxitude 3,42; Peso 3kg con 6,26)

9ª Clasificada Provincial Benxamín 1000 ml: Lia Pereira en 4.35,51

11ª Clasifcada Provincial Benxamín Lonxitude: Celia Mira con 2,02

12ª Clasificada Provincial Benxamín Lonxitude: Carmen Juanatey con 1,87

12º Clasificado Provincial Benxamín 1000 ml: Mateo Rivadulla en 4.34,52

13º Clasificado Provincial Alevín 1000 ml: Manuel Juanatey en 4.11,56

 

 

O sábado 4 de Maio, no Estadio Universitario de Elviña ( A Coruña), en xornada de mañán e tarde, vaise disputar o Campionato Provincial de Atletismo en Idade Escolar.

Tras a repesca e os xa clasificados estes son atletas, horarios e probas que participan do clube:

ATLETAS HORAS PROBAS PROVINCIAL ESCOLAR 040513

 

NORMATIVA E HORARIO PROVINCIAL ATLETISMO ESCOLAR

CLASIFICADOS PROVINCIAL PROVISIONAIS

Written by Pedrito
abril 25th, 2013

CARREIRA PEDESTRE POPULAR O PINO

RESULTADOS: O PINO 2013

Con unha xornada moi agradable, o noso mellor atleta Nemesio quedou no posto 11 cun tempo de 27.37 a tan so 3 minutos do “meteorito” e primeiro en entrar na liña de meta. Outros atletas foron Alfonso e Candido, que subiu o caixón dos premios como atleta máis veterán da carreira.

Con respecto a Escola, foron 15 os nen@s que participaron acadando bos tempos e posicións despois dunha dura xornada de atletismo o día anteior en A Coruña. Subeu o caixón dos premios acompañado de “Coco Monada” a Prebenxamina María Lama quedando en segunda posición.

 

Preparada a X edición da Carreira Pedestre do Concello de O Pino que se celebrará despois de moitos anos en domingo de xornada de mañá (5 de maio).

A xornada comenzará pola proba de canicross (10 h), e como seguinte novidade, ás 11 horas celebrarase a proba absoluta previo as carreiras escolares.

 

Esta é carreira do clube, co cual a participación será a máxima posible. Os atletas que acudan o día anterior o Campionato Provincial de Atletismo en Idade Escolar, decidiremolo ese día.

REGULAMENTO: X-CARREIRA-PEDESTRE-POPULAR-O-PINO-2013.pdf

Written by Pedrito
abril 25th, 2013

ADESTRAMENTOS SAN LAZARO

Abril 2013

Written by Pedrito
abril 19th, 2013

CAMPIONATO ESCOLAR DE ATLETISMO – COMARCAL SANTIAGO E NOIA

RESULTADOS A POBRA 200413

Este sábado día 20 vaise a celebrar en A Pobra do Caramiñal, o Campionato Escolar de Atletismo en pista. Esta é a  segunda das duas competicións clasificatorias para o provincial (a outra foi ó 06/04 en a Riveira)  e o Fontes do Sar conta con 24 atletas inscritos en todas categorías.

Clasificanse para o Provincial (4 de Maio),  as 16 mellores marcas de toda a provincia. SORTE A TOD@S.

A continuación compartimos o enlace para as probas e os horarios:

Avisos  importantes:
* O Autobús no que nos desprazaremos ata A Pobra é o número 2, e fará a súa saída de rotonda que da ao Parque Eugenio Granell (a carón do Hipercor) as 09:00 da mañá. Levaranos ata o estadio de atletismo de A Alta en A Pobra do Caramiñal.
 *Os que non van en autobús recordade que de non estar media hora antes da proba podedes quedar sen participar na mesma.
* Os rapaces que ides a pasar o día, debedes levar a comida ou apuntarvos para o Xantar que organiza o clube na Parrillada Calo, en Riveira.
* Levar a camiseta oficial do clube. Todos os que teñen zapatillas de clavos deben levalas!

 ANIMO ESCOLA FONTES DO SAR.!!!

Programa  nº 95 de “Citius, Altius, Fortis” emitido pola Televisión de Galicia o pasado domingo 31 de Marzo. Podese ver o reportaxe a partir do minuto 18, do Trofeo Fontes do Sar, con entrevistas do Sr. Presidente, do Concelleiro de Deportes e dos atletas menores da escola

 

PROGRAMA 95, MIN 18

O presidente entrevistado en CorreoTv

Written by ivancete
abril 3rd, 2013

No seguinte vídeo da entrevista podédesvos enterar das últimas novidades do clube, narradas nada máis e nada menos que polo noso presidente:

Written by Pedrito
marzo 19th, 2013

SEMANA DO ATLETISMO FONTES DO SAR

 

MERCORES, 20 DE MARZO:

O Presidente do clube (Sr. Juanatey), o Delegado da F.G.Atletismo (D. Iván Sanmartín) e o Concelleiro de Deportes (D. Adrián Varela), darán unha rolda de prensa na Casa do Concello, para dar a coñecer o Trofeo Atletismo Fontes do Sar

XOVES, 21 DE MARZO:

Todos os integrantes do clube, dende Prebenxamíns ata Veteráns, debidamente uniformados, estamos convocados as 18,30 horas na Praza do Obradoiro para facer unha gran foto de familia

Remata o prazo de inscricións

SÁBADO, 22 de MARZO:

A partir das 9:30 horas no Estadio Universitario de Atletismo, disputarase o I Trofeo Atletismo Fontes do Sar, estades todos convidados

HORARIO E REGULAMENTO TROFEO FONTES DO SAR DIPTICO

AVISO URXENTE

Written by Pedrito
marzo 15th, 2013

Por causas alleas a Federación Galega de Atletismo e o Clube Atletismo Millarario, comunicamos de forma urxente que o TROFEO DE ATLETISMO MILLARAIO pasará a celebrarse en horario de tarde na xornada de mañá sábado 16 de marzo.


Pregamos desculpen as molestias ocasionadas e pregamos avisen a todos os atletas que tiveran pensado asistir a este control de marcas ou que poidan coñecer. Repetimos, son causas alleas a nós e ante a posibilidade de suspensión decidimos pasalo para a xornada de tarde.


Manterase o mesmo listado de inscritos.

NOVO HORARIO TROFEO MILLA-RAIO