“OUTONO, OUTOÑÁN, MES DA SAN LUCAS E MÁIS SAN FROILÁN.”

  “OUTONO, OUTOÑÁN, MES DE SAN LUCAS E MÁIS SAN FROILÁN.”   Chegou o outono, mudou o tempo, vai frío, chove, os días son curtos… quen quere correr co ben que se está na casa quentiño? Pois, nós! Co fin de rabuñarlle décimas ao crono vou dar unha receita dunha apócema máxica-galega e veredes que si a aproveitades as vosas marcas han mellorar moito. 1º Colles as castañas que previamente fuches apañar ao souto. 2º Dáslle unha esnacadela, para que non estoure. 3º Bótalas nun castañeiro, tixola ou directamente arriba da prancha da cociña. 4º Cando xa estean tostadiñas por...