Etiquetado: Prensa

 BENVIDOS A TODOS!!

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!! O Club Atletismo Fontes do Sar  recibimos oficialmente esta nova tempada cheos de ilusións con ganas de facer moitas cousas. Acollemos deste xeito, coas mans abertas, a todo-los nosos atletas así como ás novas incorporacións como novos membros da nosa gran familia, desexando que disfruten, non só de todo o que poida aportar este deporte, senon do bo ambiente e compañerismo, porque non só compartimos afección, senon eventos, desafíos, logros, amizades, risas, inquietudes,…, o que fai que teñamos un compromiso non só cun mesmo, senon tamén co Clube aportando dalgunha maneira o noso graniño de area....