Etiquetado: Nerea Iglesias

Os maiores na procura das mínimas en Narón.

Seguimos estreando pista, pero desta vez damos paso as categorías superiores da escola así como a algún veterán. Foi o pasado domingo día 26 de Novembro que se desprazaron ata Narón, acompañados polos seus adestradores Luis e Diego, ás pistas do Estadio Municipal de Río Seco para participar no XVI Trofeo Cidade de Narón organizado polo Club de Atletismo Narón, coa colaboración do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo da Delegación de Ferrol así como do Excmo. Concello desta localidade. A xornada desenvolveuse nunha fría pero soleada mañá. O fin, para algúns deles, era o de obter as marcas que lles permitirán meterse...