Etiquetado: Liga Federada

Estreando pista coa «Liga Escolar Federada».

Quenes se estrearon coas Pistas esta tempada foron os pequeneiros do noso Clube participando na primeira competición que abre o calendario de Pista Cuberta. Fixéronno o pasado sábado día 18 nas Pistas do Estadio Universitario de Santiago de Compostela, onde se reuniron xunto con outros atletas da contorna, para disputar a fase previa clasificatoria da “VI Liga Galega de Inverno Categoría de Menores – ABANCA” na que participaron, por Equipos, as categorías Benxamín (Sub10), Alevín (Sub12) e Infantil (Sub14). Neste día, disputábase tamén en Pontevedra (zona provincial Pontevedra) e en O Barco de Valdeorras (zona provincial Lugo e Ourense), loitando todos, deste xeito, polo...