Etiquetado: Concentración Velocidade

NERE convocada pola FGA para participar na “Concentración do Sector de Velocidade”.

Xa levamos algo máis dun mes que comezaron os adestramentos e os nosos peques, e xa non tan peques, están a pleno gas preparando as competicións que se aveciñan. Namentres, NEREA IGLESIAS (NERE), sumando unha experiencia máis no seu historial deportivo, tivo a honra, un ano máis, de poder participar durante tres xornadas nunha Concentración do Sector de Velocidade á cal foi convocada por José Carlos Tuñas, Seleccionador Galego desta especialidade, que en todo momento estivo interesado na súa presenza dada a gran actuación da nosa atleta na tempada pasada, na que coroou ó máximo nivel na nosa comunidade, tanto...