Etiquetado: 20k

A Camiseta Viaxeira na «51 Behobia/San Sebastián»

Como ben sabedes todos, unha das pasadas fins de semana, a nosa Camiseta Viaxeira  viaxou, nunca mellor dito, cun numeroso grupo de atletas do noso Clube cara ó País Vasco para participar, na mañán do domingo 8 de Novembro, na “51 Behobia/San Sebastián”, para completar un percorrido de 20km cun duro perfil que acumulou preto de 200m de desnivel. Unha carreira apreciablemente multitudinaria, catalogada como preciosa cun bonito trazado, que reuniu a preto de 35.000 corredores dos que 26.649 cruzaron línea de meta. Moitos dos abandonos foron ocasionados , sen dúbida, polas altas temperaturas impropias desta época do ano (30°C)...