Fase Zonal do Campo a Través en Idade Escolar – XOGADE (Santiago).
Outra modalidade do atletismo que está en plena tempada é a do Campo a Través.
Para elo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a AGRUPACIÓN DEPORTIVA “LA PARRA”, en colaboración co Concello e coa Delegación de Atletismo da FGA en Santiago, organizan esta disciplina de CAMPO A TRAVÉS para iniciar aos máis pequenos nesta modalidade a través do programa de XOGADE.
O pasado sábado 2 de Decembro os nosos pequenos acudiron á cita para disputar, en xornada de mañá, a 1ª Fase do “Campionato de Campo a Través en Idade Escolar – Xogade” no Parque Eugenio Granell de Santiago, participando en distintas carreiras nun circuito marcado no mesmo parque.
Mailo frío que facía, alí se reuniron, en torno ás 11:00, con outros rapaces destacando deste xeito a gran participación da nosa Escola.
Finalizada esta Primeira Fase, as clasificacións quedan da seguinte maneira :
- Benxamín Feminino (Sub10)
- Benxamín Masculino (Sub10)
- Alevín Feminino (Sub12)
- Alevín Masculino (Sub12)
- Infantil Feminino (Sub14)
- Infantil Masculino (Sub14)
- Cadete Feminino (Sub16)
- Cadete Masculino (Sub16)
Pasan para a seguinte rolda, os tres mellores equipos de cada categoría e os oito primeiros clasificados individualmente que non formen parte dos equipos clasificados …
clasificacións para a seguinte ronda :
- Clasifícanse de forma Individual :
– Sara Noya (Alevín)
– Pablo R. (Cadete)
- Clasifícanse por Equipos :
– Benxamín Feminino (Sub10)
– Benxamín Masculino (Sub10)
– Alevín Masculino (Sub12)
– Infantil Feminino (Sub14)
– Infantil Masculino A (Sub14)
– Infantil Masculino B (Sub14)
– Cadete Feminino (Sub16)
¡¡NORABOA A [email protected]!!
Vémonos na próxima Fase do Campionato de Zona que se disputará o vindeiro sábado 20 de Xaneiro neste mesmo circuito.
¡¡ÁNIMO RAPACES!!