NTéC: Aprendendo a salvar vidas

Como Non Todo é Correr (NTéC), o clube en colaboración co Servicio de Cardioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, en concreto cos profesionais dos Departamentos de Hemodinámica e Electrofisioloxía, realizou en días pasados no Estadio Municipal de San Lázaro, unha taller de Reanimación Cardio Pulmonar, básica e avanzada, para que os atletas máis cativos do clube, aprendan a salvar vidas, en calquer momento da súa vida.

Con monecos e con DESA (Desfibrilador Externo Semi Automático), os atletas das categorías infantil e superiores aprenderon os pasos necesarios, para facer unha reanimación cardio-pulmonar, e sobre todo, o que Non se debe facer. Desde a comprobación inicial, a alerta dos servicios de urxencias a través do número internacional de emerxecias 112, as manobras de aproximación e as compresións a realizar, así como a utilización do Desa.

Nas practicas, tamén se mostrou o Desa que hai o Estadio de San Lázaro para que os usuarios sepan utilizalo.

En días vindeiros, realizaremos unha charla máis adecuada para os máis pequerrechos do clube e outra dirixida os pais/nais e atletas veteráns.

Agradecemos a colaboración especial dos profesionais do Servicío de Cardioloxía do CHUS, así como do Departamento de Deportes do Concello que facilitou en todo momento a realización deste taller de primeiros auxilios

FOTOS