GALA CIRCUITO TRAIL GALAICA 2016

NON HAI COMO TER ALMA DE CABRA MONTESIÑA.

O pasado sábado 21 de xaneiro celebrouse a Gala do I Circuíto de Carreiras de Montaña Trail Galaica 2016,

O Concello da Pobra do Caramiñal acolleu  esta festa do deporte ,que tivo lugar no Teatro Elma, ás 20.00h.

Un circuíto que pechou a súa andaina o pasado mes de decembro no Concello de Noia. Sete Concellos foron os integrantes nesta edición de 2016: Ames, Sanxenxo, A Pobra, Muros, Boborás, A Baña e Noia.

Na Gala,  entregáronse os galardóns aos mellores atletas do Circuíto, tanto absolutos, como das categorías establecidas no regulamento do circuíto.

Tamén serán entregados os premios aos 3 mellores equipos dunha competición de moda como as carreiras de montaña.

O noso compañeiro  Mario Rodríguez, subiu o podio ao se proclamar  campión na categoría  de VETERANOS 1

Parabéns compañeiro por este este resultado, aos que nos gusta pisar terróns estamos moi orgullosos e celebramos contigo este podio.

 

O Circuíto Trail Galaica 2017, xa esta en marcha volverá  0 26 de febreiro coa primeira das probas  , Trail de AMES, que este ano se presenta con dúas distancias diferentes para facelo apto para tódolos corredores. Xa esta aberto o prazo de inscrición.

A que non sabedes que o vai correr?… MARIO por suposto.