ÚLTIMAS DO 2016 PRIMEIRAS DO 2017.

 

Pechamos o 2016 cargadiño de quilómetros, e comezamos o 2017 co propósito de cargalo aínda máis.

Moitos foron os que quixeron comer o turrón para logo sualo correndo; entre celebración e celebración ben cabe unha carreiriña .

Xaneiro empeza con forza …. QUE SE PREPARE ESTE 2017 PORQUE NON LLAS IMOS PERDOAR!

 

24 DE DECEMBRO DE 2016

VII CARREIRA POPULAR SOLIDARIA RUNFOZRUN – 5K

DISTANCIAS:  5KM, 1,5 KM, 1KM, 0,5KM, 0,3KM.

PUMI, preparado para dalo todo.

 

A carreira tivo lugar o sábado 24 de decembro de 2016, onde  as diferentes probas deron comezo a partir das 16:00 h da tarde, sobre un circuíto de:  300 m para pícaros, 900m benxamíns, 1000 m alevíns, 1500m infantís  e cadetes e 5000 m para a competición absoluta. Con saída e meta en Plaza Rosalía de Castro (Foz).

En representación do club mandamos ao “nuestro chico del Norte” quen mellor ca el?

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO
61 165 AMADOR PUMARIÑO 00:21:23 00:04:16

 

SAN SILVETRES  A ESGALLA¡¡¡¡

É que non hai mellor maneira de despedir o ano que suando a camiseta.

Unha morea de san silvestres e máis outras poucas, espalladas por toda a nosa xeografía  , divertidas, rápidas, lentas, diúrnas, nocturnas,…. para tódolos gustos.

Estas son algunhas nas que formaron parte os nosos confrades.

VII SAN SILVESTRE A CORUÑA 2016

Dou saída as 17:00 horas, foron sete quilómetros cheíños de disfraces que fixeron desta unha das carreiras máis divertidas do ano.

Pola nosa banda representáronnos Manuel Cobas e Antonio Martínez.

SAN SILVESTRE RIBADEO 2016

31 DE DICIEMBRE DE 2016

Co dorsal da elite.

 

 

Concello de Ribadeo tamén quixo despedir o ano  coa súa San Silvestre, probas que deron comezo a partires da 16:40 h. Uns 100 m para os  Pitufos, 400 m para os prebenxamíns, os benxamíns e alevíns tiñan asignada unha distancia de 1150 metros e 5000 para os absolutos.

Aí estaba  Pumi nun terreo que coñece ben e que domina.

 

 

 

 

SAN SILVESTRE MAZARICOS

CAMPO DA FEIRA DA PICOTA. MAZARICOS A CORUÑA

chin, chin … por todos¡¡

O departamento municipal de deportes deste Concello, xunto coa asociación #EUSONMAZARICOS, a asociación Gandeiros de Mazaricos e a asociación de Amas de Casa de Mazaricos, en colaboración coa cooperativa Feiraco, organizou esta carreira popular, que saíu dende a praza do Campo da Feira da Picota.

Os miúdos correron unha milla e os absolutos  4 quilómetros.

Por segundo ano quixeron rematar o ano con un peculiar brinde . O BRINDE LEITEIRO.

Brindou por todos nós Marce , que lucía fantástico con eses corniños feiticeiros.

 

SAN SILVETRE DE ORTIGUEIRA

A familia PIÑEIRO CASTRO lista para…. dar boa conta do chocolate con churros¡

A nosa representación nesta carreira foi a Familia Piñeiro Castro que, correr correrían moito pero  que  deron fe de que o refrixerio desta carreira foi un dos máis copiosos e cobizados  de tódolos que se ofreceron.

 

SAN SILVESTRE  SANTIAGO DE COMPOSTELA.

31 DE DICIEMBRE DE 2016

O Concello de Santiago  e a Federación Galega de Atletismo ben de celebrar a IV Carreira San Silvestre Santiago.

Foi a derradeira proba atlética do ano 2016 en Compostela, que formaba parte do programa saudable “ Corre-San”, un programa que fomenta a práctica deportiva nos mellores contornos da nosa cidade. Un espectáculo musical e deportivo amenizou a xornada a partires das 17:00 horas no mellor escenario posible: a Praza do Obradoiro. A saída da carreira deuse  ás 18:00 horas do serán.

#NONDEIXESQUEOMAÑANSECONVIRTAENNUNCA

Un bo número de membros do Club quixeron despedir o ano practicando o “running” en familia, gozando dunha xornada diferente, moitos rescataron disfraces do fondo do baúl para darlle o toque que a xornada se merece.

O tempo axudou, o serán estaba delicioso para correr e para que a xente saíra a rúa a animar dándolle un toque máis de festa  si cabe.

Unha carreira para gozar, non para competir.

 

31-12-16 FREE TRAIL DE ALVELOS

31 de decembro de 2016, as 10:00 horas

Barcelos Portugal

 

As dez da mañá dou saída a segunda edición do Free trail de Alvelos   logo do éxito acadado na primeira edición. Una distancia de 15 quilómetros.

Con un custo simbólico de dous euros a inscrición, máis de 600 atletas de España e Portugal non se quixeron perder a fría cita.

Nós mandamos ao noso atleta máis internacional, Mario Rodríguez,  que foi quen de cruzar a liña de meta nun fantástico 13º posto.

 

II CARREIRA NOCTURNA SOLIDARIA de Vedra 2017

07 de xaneiro de 2017 ás 16:00 horas.

Distancias: 220m // 1500m // 6500m

Esta foi a segunda edición da  Carreira Nocturna Solidaria Concello de Vedra que ven de celebrarse o pasado día 7 de Xaneiro de 2017.

Ao igual que a edición anterior  tratábase dunha carreira solidaria na que había que aportar alimentos non perecedoiros destinados ao banco de alimentos do concello.

Algúns dos nosos atletas quixeron deixar a tras os  excesos do Nadal e queimar os polvoróns e o turrón  do que deran conta nas festas.

 

POSTO P. CATE. DORSAL NOME TEMPO RITMO
30 17 60 JOSE CAO 24:37 03:48
37 21 202 J.A. JUANATEY 24:54 3:51
46 5 41 BRANDON 25:20 3:55
51 6 284 J.A.NOYA 25:33 3:56
65 9 253 JUANMA MATA 26:27 4:05
75 17 132 LUIS FEITO 26:52 4:09
76 41 59 SANTI CANICOBA 26:53 4:09
100 54 13 ALFONSO ARIAS 28:29 4:24
207 20 195 MARY SOL IGLESIAS 35:15 5:27
221 6 341 ISABEL QUIREZA 35:56 5:33
231 7 143 María del  Puerto 36:42 5:40
231 8 347 MARI RECAREY 36:42 5:40

 

Un  bo grupo de pequerrechos tamén formou parte das probas infantís, non hai publicados resultados oficias de todas as categorías, tentaremos nomealos a todos e,  no caso de que algún quede sen figurar na lista pedimos desculpas por adiantado.

Na categoría de  PREBENXAMÍN , MARTI MIGUENS acadou a primeira praza do caixón

En BENXAMÍN, as nosas cores brillaron no podio, YERAI  foi primeiro e ALVARECHO terceiro.

ALEVÍN

POSTO P. CATE. DORSAL NOME TEMPO
18 3 359 ROI RIAL GARCIA 05:41
41 6 286 SARA NOYA VIDAL 07:02

CADETE

POSTO P. CATE. DORSAL NOME TEMPO
2 2 201 MANUEL JUANATEY 04:40

INFANTIL

POSTO P. CATE. DORSAL NOME TEMPO
17 3 178 AINOA GONTAN 05:36
19 4 285 ANGELA NOYA VIDAL 05:42
13 7 60 MATEO CAO FONTAN 05:30

 

 

XXXIV CARREIRA POPULAR SAN XIAO (FERROL)

08 de xaneiro de  2017

Distancia :10km

A XXXIV CARREIRA POPULAR SAN XIAO, organizada pola Concellaría de Deportes do Concello de Ferrol co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, tivo lugar o domingo 8 de xaneiro de 2017 a partir das 11.00 h da mañá.

Mario Rodriguez, que non lle ten medo ao frío, representounos nesta proba acadando un fantástico posto na xeral.

 

POSTO DORSAL NOME P. SEXO P. CATEGORÍA TEMPO
70 519 MARIO RODRIGUEZ M-70 VT1M-18 00:38:56

 

CARREIRA POPULAR DE REIS

Domingo, 08 de xaneiro de 2017

LUGAR: CAMPO DE FUTBOL DOCASCABEIRO- BARREIRO LUGO

Distancias: 100m // 200m // 400m // 800m // 1200m //1600m//12.000m.

ORGANIZA ACIAM BARREIROS

Ana Hemida , feliz coma una perdiz.

Con saída e chegada o campo de fútbol do Cascabeiro en Barreiros. Ás once da mañá do pasado 8 de xaneiro daba saída a  edición do 2017 da carreira popular de Reis, unha das probas máis madrugadoras do calendario.

A nosa representante sareira nesta carreira, Ana Hermida  acadou a terceira praza do caixón  na categoría  SENIOR.

POSTO DORSAL NOM TEMPO RITMO
67 31 ANA HERMIDA 01:09:59 00:05:49

 

 

IV TRAIL DE CELA

Domingo ,15 de xaneiro de 2017

LUGAR: Celas – Bueu

Distancia: 25 km

O Club Atletismo Corredoiras coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes

organizou  o IV Trail de Cela .

Ademais do trail tamén se realizou unha andaina competitiva. As probas, tomaron a saída na

zona do Igresario da parroquia de Cela (Bueu)

Dos catrocentos participantes dous foron dos nosos, expertos pisaterróns que nos representaron como ben eles saben .

MARIO e PUMI enfrontáronse ao frío da mañá e completaron os 25 quilómetros de monte a moi bo ritmo.

Prepárate Mario, cando o chegar a casa che vexan a camiseta.

Pumi. o rei da muiñeira.

Mario, a pesares dun pequeno tropezo que o fixo ir ao chan chegou nun fantástico posto 26, mentes que Pumi o fixo na 53 da xeral.

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO
26 169 MARIO RODRIGUEZ 2:08:07 5:20
53 158 PUMI 02:17:54 5:44

 

IMOS A POR MAIS, ISTO NON FIXO MAIS QUE EMPEZAR, QUE SE PREPARE O 2017 PORQUE NON LLAS IMOS PERDOAR!