A ALIANZA DAS CORES.

 

O pasado domingo, 15 DE XANEIRO, un grupo de sareiros acompañados por representantes do Club Vagalume Energía  e do Club Noitebra C.F  fixeron a penúltima etapa do camiño  nun  adestramento conxunto que serviu para reforzar os lazos entre as tres agrupacións.

Arzúa – Arca, quilómetros que compartiron  e se gozaron a partes iguales polas tres bancadas.

Aínda que a mañá se prevía fría o certo e que a temperatura foi ideal para correr.

Logo dun café o grupo saíu de Arzúa ás 10:30 da mañá,  algúns corredores aos que a  distancia se lles facía moita sumáronse a comitiva a medio camiño.

Contaron coa asistencia en bicicleta de Marcos Toribio, que fixo unha fantástica labor velando por tódolos corredores ao longo do percorrido, moitas grazas compañeiro pola túa disposición.


O Concello do Pino puxo a disposición dos corredores as duchas do pavillón e agradecemos infinitamente este xesto  que facilitou a recuperación dos exhaustos corredores.
Co fin de celebrar as calorías queimadas organizouse un copioso xantar no Restaurante Parrillada REGUEIRO onde as risas foron moitas. Aproveitouse o momento para poñer en marcha novos proxectos.

Agradecer aos VAGALUMES e aos NOITEBRAS que quixeran compartir con nós a fantástica mañá de runing, cousas como estas demostran que sexan cales sexan as cores das camisetas coas que corremos todos temos un obxectivo común: DISFRUTAR CORRENDO!