FELICES FESTAS ABELLIÑAS¡

Estamos no momento de pasear polo 2016, de mirar cara atrás e facer balance.

Foi un ano grandioso para o noso club, a familia medrou, cada día somos máis e, non é soberbia dicilo, mellores.

A camiseta viaxeira saíu do país, percorreu a península de norte a sur e deixouse ver nas illas.

Os nosos adestradores (os mellores do mundo mundial) foron recoñecidos con importantes colaboracións, os veteranos en pista acadaron mínimas para o campionato de España, os pequenos triunfaron alí onde foron, somos campións en risas, en emocións e en compañeirismo.

Corréronse tres maratóns, unha manchea de medias, centos de 10k, circuítos, campionatos galegos, marcha, campo a través, ruta…  As cabritiñas montesiñas reuníronse na sección de trail e os ciclistas voaron  en probas ben complicadas.

A Santyago segue viva, mollada pero moi viva!

Foi un ano de éxitos, de alegrías, de quilómetros, de adestramentos, de amizade e tamén de bágoas (Cándido brindaremos por ti este Nadal)

Creo que o único que lle podemos pedir ao 2017 é que sexa igual de grandioso que o 2016.

Abelliñas, que teñades un novo ano cargadiño de saúde , risas, soños , maxia e éxitos.

Unha recomendación para os miudiños: non fagades coma min o ano pasado que lle votei sal no café aos Reis Magos para gastarlle unha bromiña e deixáronme unha saqueta coa área da que traían os camelos nos cascos, así que portádevos ben e non rompades nada!

Vémonos no 2017 cargadiños de enerxía!