AUTÉNTICOS GLADIADORES¡

AUTÉNTICOS GLADIADORES

Alá van!

Hoxe partiu para Valencia o grupo dos orgullosos “chatarras” .

Os toliños que corren porque lles sae do corazón,  que gozan  de verdade correndo,  que non atopan límites e regalan exemplo; os que nos ensinan que querer é poder, que o sacrificio ten recompensa e que o corpo é unha máquina perfecta.

 Van a por outra, atrás queda  Madrid, Barcelona, A Coruña, Sevilla … cada unha coas súas anécdotas, cada unha un reto máis superado .

O domingo darano todo no asfalto valenciano. O traballo está feito; foron meses de esforzo e sacrificio, de duros adestramentos e de pautas marcadas ás ordes do implacable Diego Sainza .

Estréase Marce nestas lides, ánimo compañeiro,  e xa sabes: fai as cousas como se fan en Santa Comba.

Dende aquí estarémosvos  mandando toda a enerxía , roendo nas unllas, e vós un ano máis, regalarédesnos emoción de balde .

Estamos orgullosos, si, moi orgullosos de vós, sexan cales sexan os resultados porque o premio xa está acadado.

Como puxo alguén nun grupo de wahtsap esta mañá : “ sodes auténticos gladiadores

ARRIBA FONTES, VALENCIA É VOSA!

maraton-de-valencia