SUPERMÁN TAMÉN É DO FONTES¡

Alá polo 1974 nunha Universidade de San Diego  un grupo de estudantes zarralleiros,  a modo de novatada, deseñaron unha combinación de  tres deportes (natación, ciclismo e carreira) e, sen sabelo, estaban a crear unha  nova disciplina que resultou ser das  máis cobizadas, admiradas e sufridas, “O TRIATLÓN”. Douse un paso máis e de ahí xurdiu o IROMAN.

Deporte de superhomes e supermulleres.

No Fontes do Sar temos a fortuna de contar nas nosas filas con SUPERMÁN FANDIÑO.

fb_img_1477599300971fb_img_1477599347774

O pasado 25 de xuño este atleta retouse a si mesmo lanzándose a facer un MEDIO IRONMAN.  Nadar os 1,9 km,  no lago artificial de  As Pontes, pedalear 90 km máis e logo, como quen non quere a cousa, facer unha media maratón. Todo isto nun circuíto completamente pechado ao tráfico nun magnífico espazo natural.

fb_img_1477599309425fb_img_1477599352330

O TRIATLÓN DE MEDIA DISTANCIA , NORTH WEST TRIMAN – AS PONTES

Unha proba de elite na que participaron un total de 275 atletas.

Fandiño acadou uns resultados de vertixe, empregando un tempo total de  4 horas , 41 minutos e 37 segundos, entrando na meta na posición 23 da clasificación xeral.

 

Nome

Pto Dorsal P.Sexo P. Categoría T.Oficial
JUAN GARCÍA FANDIÑO 23 493 M-23 ABS-17

4:41:37

 

Na proba de nado empregou 32:56 minutos, 2:39:52 lle fixeron falta para voar os 90 km da proba de ciclismo  e con un tempo de 1:24:58  fixo os  21 km de carreira.

A foto do remate da proba abrazando a orgullosa Noelia e sen dubida das mellores da tempada.

Parabéns Fandiño, este club non pode estar máis orgullo de ti.