QUE NON… QUE NON?

QUE NON… QUE NON?

Foi unha tarde calquera que se xuntaron un grupo de amigos diante dunhas cervexas. Un toleirán tiña unha idea,  e queríalla propoñer ao resto do grupo: » Facer un cóete e ir a lúa»

Boas foron as risas, pero a idea de ir á lúa non gustou moito, este toleirán enfadado dixo:

– Sodes ben galiñas abondo, nin que a miña proposta fose subir ao Ézaro en bicicleta!

Fíxose o silencio, miraron uns para os outros e o máis intrépido dixo:

-A  que non tendes o que hai que ter!

-QUE NON, QUE NON!

Un dos que estaba máis ao fondo dixo case tatexando:

– Eu por non ter non teño nin bicicleta.

Ao que lle responderon:

-Ti inscríbete que a bicicleta xa a mercarás.

E  así foi como empezou a aventura destes ciclistas, horas e horas de adestramento ata acadar o cumio do Ézaro.

GRAN FONDO DO ÉZARO –DUMBRÍA 2016

img-20161028-wa0008

Organizada polo club de Ciclismo Dumbría e Eme sports, proba de velocidade libre, con control de tempos.

Todos os  nosos ciclistas fixeron o percorrido longo, agás Marce que optou pola ruta curta.

PERCORRIDO LONGO:CASCADA DO ÉZARO- ALTO MIRADOR DO ÉZARO. 137 QUILÓMETROS CON UN DESNIVEL DE 2680 METROS.

PERCORRIDO CURTO: CASCADA DO ÉZARO- ALTO DO MIRADOR DO ÉZARO. 100,20 QUILÓMETROS CON 2900 METROS DE DESNIVEL.

 

img-20161028-wa0009

POSTO DORSAL PARTICIPANTE TEMPO TOTAL T. DESDE MUXIA V. MEDIA DESDE MUXIA T. SUBIDA PTO SUBIDA V. MEDIA DE SUBIDA
415 1184 JUAN FERNANDEZ BALADO 6:00_17 4:49:17 22.09KM/H 19:51 583 5.59KM/H
470 34 JOSE ANTONIO JUANATEY PEREZ 6:09:10 4:58:10 21.43KM/H 20:54 625 5.34 KM/H
548 33 DIEGO PAZOS SAINZA 6:18:51 5:07:51 20,76KM/H 15:39 783 4:17KM/H
680 32 VICENTE PIÑEIRO VAZQUEZ 7:06:39 5:55:39 17.97KM/H 37.35 886 2,97KM/H
POSTO DORSAL PARTICIPANTE TEMPO TOTAL T. DESDE MUXIA V. MEDIA DESDE MUXIA T. SUBIDA PTO SUBIDA V. MEDIA DE SUBIDA
209 758 MARCELINOS RIVAS POMBO 5:53_41 4:32:41 15.34 31:29:00 855 3:53

Foron quen de rematar a ruta longa un total de 687 ciclista e na curta cruzaron a liña de meta 218 corredores

INFORMACIÓN E RESULTADOS : http://www.granfondoezaro.com/

Sorteamos unha ristra de chourizos entre todos aqueles que sexan capaces de acertar cal deles era o que quería ir á lúa.”