Dous dos nosos adestradores amplían a súa Formación co Curso de “Adestrador Nacional de Atletismo”.

 

O pasado 9 de Setembro daba comezo en Santiago de Compostela o Curso de “Adestrador Nacional de Atletismo de Nivel III” organizado pola Escola Nacional de Adestradores da Federación Española de Atletismo e impartido por adestradores e docentes do máximo nivel ao que ó atletismo se refire.

 

 

Curso que concede a máxima titulación de adestrador de atletismo en España e no que están a participar, ilusionados ante este novo reto, Diego Pazos Saínza e Santiago López Canicoba, adestradores do Club Atletismo Fontes do Sar, para recibir a formación necesaria xunto con outros 28 participantes, atletas moi salientables do panorama atlético galego así como moitos dos adestradores que están a renovar o atletismo Galego dende as categorías inferiores.

Deste xeito están a compartir aula durante estes dous anos co hispano-cubano Frank Casañas (lanzador de disco, que estivo nos xogos de Sydney, Atenas, Pekín, Londres e Río), o marchador Santi Pérez (que participou en Atenas 2004 e Pekín 2008), campións de Europa como Esther Pedrosa, campións de España e internacionais como “Huracán” Hurtado, Fátima Paz ou Solange Pereira, ademáis de compañeiros adestradores doutros clubes de Galicia.

 

Foto da Federación Galega de Atletismo.

Foto da Federación Galega de Atletismo.

 

Sen dúbida, unha gran oportunidade para que o Club Atletismo Fontes do Sar continúe potenciando a formación dos seus adestradores ampliando deste xeito os seus impresionantes currículums, e non deixar pasar a oportunidade de formarse e de seguir aprendendo.

Dadas as numerosas especialidades coas que conta o atletismo, levarase a cabo nun período de dous anos na Universidade de Santiago obrigando a dividir as ensinanzas en dúas fases diferentes.

Nesta primeira fase analizaranse as probas de carreiras: marcha atlética, fondo, medio fondo, velocidade, relevos, vallas e obstáculos, ademáis dos concursos de triple salto e salto de lonxitude;

Ademais dos aspectos técnicos e do adestramento das diferentes especialidades que compoñen o atletismo, o temario do curso tamén aborda contidos tan salientables como :

O Regulamento.

Fundamentos Biolóxicos  e anatomía.

Fisioloxía do exercicio e valoración do rendemento.

Nutrición (Dietética) e prevención do dopaxe.

Seguridade hixiene e patoloxías no  Atletismo.

Biomecánica (Teoría e práctica do adestramento deportivo).

Organización, Lexislación e Desenvolvemento Profesional.

E a tan importante Psicoloxía cos deportistas así como a necesaria Educación dos mesmos.

 

Entre o profesorado, o alumnado contará, entre outros, coa docencia de: Isidoro Hornillos Baz, presidente da Federación Galega de Atletismo, e candidato á presidencia da Real Federación Española de Atletismo, Víctor Arufe Giraldez, Mª. Dolores González Fernández, Jesús Álvarez Ozcariz, Mariano García-Verdugo, Santiago Pérez Alonso, Juan Carlos Álvarez, José Ángel López Montesinos, Ramón Barral Lavandeira e Arturo Oliver Coronado como director da propia Escola Nacional de Adestradores.

Será en Setembro do 2017, cando se inicie a segunda fase do Curso co resto de especialidades atléticas.