CARREIRAS XULLO 2016

CARREIRA:                  COOL RUN RIVEIRA

DATA:                           09 DE XULLO DE 2016

DISTANCIA:                5 KM

LUGAR :                       RIVEIRA -A CORUÑA

valino-cool-run

O Concello de Riveira acolleu una carreira popular moi  particular  chea de luz e coor. Un evento organizado polos 40 Principales  nun percorrido de cinco quilómetros  cheo de xogos  de luces e música.

Moitas outras actividades completaron una xornada de lecer, sesións de zumba e baile, maquillaxe corporal, a actuación do Dj Pablo Méndez fixeron desta carreira algo diferente o que estamos acostumados.

Alí estaba o compañeiro  Valiño, do Atletismo Fontes do Sar, para vivilo e logo contalo.

DORSAL NOME APELIDOS Clube T.OFICIAL T.NETO RITMO P.SEXO P.CAT CAT.
266 JOSE ANTONIO VALIÑO CES Fontes Do Sar 28:22 28:18 6:01 75 132 VETERANOS

 

 

CARREIRA                 I CARREIRA SOLIDARIA SANTANDER DE NOIA

DATA :                        09 DE XULLO DE 2016

DISTANCIA:            ADULTOS: 21:30hrs: 7 K                       

                                   INFANTÍS:  20:00h: de 4 a 7 años – 500 m ,  20:30h: de 8 a 11 años- 750 m ,   1:00h: de 12 a 16 años- 1500 m

LUGAR:                     NOIA-  A CORUÑA

noia

Carreira solidaria a favor da Cruz Vermella asemblea Comarcal de Noia.

O Banco Santander presenta a súa nova estratexia de patrocinio do deporte popular baseada nunha misión clara: contribuír ao progreso das persoas e das empresas.   A Cruz Vermella únese a esta iniciativa para xuntos contribuír ao desenvolvemento laboral das persoas

Este circuíto xa ven de celebrar  carreiras solidarias por distintas localidades.

Esta vez tocoulle parada en Noia (A Coruña) o pasado 9 de xullo, un lugar cun marco incomparable para a práctica do running.  Excelentes paisaxes e un circuíto de 7K que contou cunha gran participación popular.

CONSULTAR CLASIFICACIÓNS: http://inscripciones.123acorrer.es/evento/carrera-solidaria-santander-de-noia-2016/clasificaciones

LOCALIZA TUS FOTOS : https://www.123acorrer.es/Running/fotos-carreras/carrera/carrera-solidaria-santander-de-noia-2016

 

 

CARREIRA :           III CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MUXÍA

DATA :                    10 DE XULLO DE 2016

DISTANCIA :         10KM

muxia

Preto de 600 corredores déronse cita o  pasado 10 de xullo , na  III CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MUXÍA.

Esta carreira forma parte do  Circuíto Correndo pola Costa da Morte. Dito circuíto está promovido e organizado por un conxunto de concellos da Costa da Morte: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.

Resultados : http://www.carreirasgalegas.com/resultado-externo/iii-carreira-pedestre-concello-de-mux-a-iii-circu-to-correndo-pola-costa-da-morte-iv-circu-to-dep-provincial-a-coru%C3%B1a/81ff42a0-455a-7262-f0fc-39d5e3ff740f

 

POSTO DORSAL NOME  POSTO CATEGORÍA TEMPO OFICIAL RITMO Km
74 16 JUAN JESÚS TAJES MAYO M40M-20 45:49 4:35

 

 

CARREIRA:                  I CARREIRA  ASOCIACIÓN DON BOSCO A FAVOR DE SIRIA.

DATA:                            10 DE XULLO DE 2016

DISTANCIA:                Distancia: A carreira de adultos distancia  5200m  A proba de pitufos terá unha distancia de 150m; a proba de benxamíns e alevíns terá unha distancia de 900m; e os infantís e cadetes percorrerán unha distancia de 1800 metros.

i-carreira-sos-siria-foto-don-bosco

SONY DSC

SONY DSC

i-carreira-sos-siria-foto-don-bosco i-carreira-sos-siria-12-foto-don-bosco

 I CARRERA ASOCIACIÓN DON BOSCO CAMPAMENTOS DE VERANO A FAVOR DE SOS SIRIA O Centro Xuvenil Don Bosco en colaboración coa ONG “Jovenes y desarrollo”, organiza en Santiago de Compostela a I Carreira Solidaria SOS Siria. SOS Siria xunto coa comunidade salesiana organizan “El verano de los muchachos” que consiste nun campamento de verán para tratar de alegrar ao redor de 800 xoves de Alepo, unha zoa rodeada de violencia e guerra. Lugar: A saída e chegada estará situada na Rúa Belvís, do lado das instalacións do Centro Xuvenil Don Bosco.

 

CARREIRA:                               TRAIL GALAICA CONCELLO DE BOBORÁS.

DATA:                                        23-07-2016

DISTANCIA:                            14,7 KM

LUGAR:                                    CONCELO DE BOBORÁS

trail-de-boboras-1-foto-trail-galaica

O pasado 23 de xullo celebrouse o Trail Galaica concello de Boborás, una proba nocturna non apta para os que teñan medo da Santa Compaña.

Deuse a saída no lugar de Pazos de Armenteiro un lugar fermoso e idílico.

O feito de que se tratara dunha proba nocturno fixo que fose una carreira especial, atípica solo para valentes e como non alí estaba un Valente do Fontes do Sar, Mario Rodríguez deixou claro que el era quen de lle adiantar derrapando aos mouchos , curuxas … e calquer outro ser que se mova de noite polo monte.

POSTO DORSAL NOME  POSTO CATEGORÍA TEMPO OFICIAL RITMO Km
16 14 Mario Rodríguez Otero vet-1 1:14:48 5:08

RESULTADOS: http://emesports.es/wp-content/uploads/2016/07/01_Clasificacion-Trail-Boboras.pdf

 

CARREIRA:                                 I Carreira Pedestre Concello de Mazaricos

DATA:                                          30-07-2016

DISTANCIA: 3km e 10km homologados.

Pitufo Mixto: 2009, 2010, 2011, 2012 300 m. (aprox.) 20:00

Benxamín: 2008-2007 1.000 m. (aprox.) 18:45

Alevín: 2006-2005 1.000 m. (aprox.) 18:45

Infantil: 2004-2003 3.000 m. (aprox.) 19:15

Cadete:2002-2001 3.000 m. (aprox.) 19:15

Xuvenil: 2000-1999 3.000 m. (aprox.) 19:15

LUGAR: CONCELLO DE MAZARICOS

i-carreira-pedestre-mazaricos-8-fotos-parri i-carreira-pedestre-mazaricos-6-fotos-parri i-carreira-pedestre-mazaricos-4-fotos-parri

Este sábado 30 de xullo celebrouse  no concello de Mazaricos a primeira carreira pedestre, que se enmarca dentro do III circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”.

Representaron ao noso Clube os veteráns, Juan Tajes e Marce Rivas que disputaron a proba de 10 km.

Na categoría de alevín  Noe Novoa, subiu ao podio tras acadar a terceira posición na súa categoría.

POSTO DORSAL NOME  POSTO CATEGORÍA TEMPO OFICIAL P. CATE RITMO Km
65 16 JUAN JESÚS TAJES MAYO M-63 M40M-21 0:44:57
104 706 MARCELINO RIVAS POMBO M-101 SNM-56 0:49:35
BENXAMÍN E ALEVÍN          
6 2003 NOÉ NÓVOA GIL M-3 ALVM-3 0:04:26