Campus de verán, do 5 a 9 de setembro

Campus setembro

 

 

 

 

 

DATAS

Dende o luns 5 de setembro ata o venres 9 de setembro (ámbolos dous incluídos).

LUGAR

Estadio de San Lázaro: Nas pistas de atletismo, na sala cuberta de usos múltiples ou nos arredores do estadio.

  • Chegada: De 09:15h a 09:30h, na porta 1 do estadio de San Lázaro.
  • Saída: De 13:15h a 13:30h, no mesmo lugar.

ASISTENTES

Calquera neno ou nena nados entre o 2003 e 2010 (ámbolos dous incluídos).

PREZOS

O prezo total, para os 5 días, será de:

  • 15 € cota xeral, para novas e novos atletas.
  • 13 € para aboados ó Multiusos Fontes do Sar ou do Complexo Deportivo Santa Isabel.
  • 10 € para fillos e fillas dos socios do Club Atletismo Fontes do Sar.

ADESTRADORES

O equipo de adestradores estará composto por profesionais cualificados do ámbito educativo e do Atletismo.

OBXECTIVOS

Levar á práctica adestramentos de iniciación para que os novos atletas coñezan as diferentes probas do programa atlético, e adestramentos de tecnificación dirixidos ós pequenos atletas que xa practican o atletismo durante todo o ano.

INSCRICIÓN

Anótate ata o venres 2 de setembro escribindo ó correo electrónico  [email protected]