Na procura das últimas marcas para os Campionatos de Pista Cuberta.

Cos Campionatos de Pista Cuberta á volta da esquina e porque aínda estamos a tempo para a procura de mellores marcas, dous dos nosos atletas acudiron esta pasada fin de semana a distintos controis de marcas que se disputaron na nosa Comunidade a probar sorte, como foi o caso de Xavi e de Sofi D.

CONTROL DE MARCAS “CORUÑA CORRE” EN PISTA.

Tivo lugar na tarde do venres 19 de Febreiro nas Pistas de Atletismo de Elviña na Coruña;

Ata alí desprazouse Xavi para conseguir unha marca no 200 ml que lle permitirá disputar o Campionato Galego de Veteráns de Pista Cuberta o vindeiro domingo día 28 de Febreiro nas Pistas Cubertas do Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña.

Nombre

Prueba Categ. Posición MM Ant. Marca MMP

Rec. Club

XAVI

200 ml M-40  – 27.19 MMP

RC

TROFEO ATLETISMO MAZI – CIDADE DE VILAGARCÍA.

Disputado na mañá do domingo 21 de Febreiro nas Pistas de Atletismo do Complexo Deportivo Municipal de Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa;

Participou neste evento deportivo Sofi D. acadando o Ouro en Lonxitude, obtendo os seguintes resultados:

Nombre

Prueba Categ. Posición MM Ant. Marca MMP

Rec. Club

SOFI D.

500 ml Alev-F 11 1.41.96 1.43.37
SOFI D. Lonxitude Alev-F 1 3.61 3.51

 

 

 

¡¡BEN FEITO!!

¡¡PRÓXIMA CITA NOS CAMPIONATOS GALEGOS!!