IV Trail de San Alberte – Ribeira.

Unha edición máis que, con esta proba, consegue consolidarse como cita obrigada no calendario dos Trails.

Esta edición apareceu con novo percorrido, novo perfil, novos sendeiros, novos camiños, novos recunchos achados e cos atletas atoparon no trazado para darlle ese puntiño de dureza que o fai máis atractivo para o disfrute dos amantes desta modalidade.

Disputada na mañá do pasado domingo día 31 de Xaneiro no Monte de San Alberte sito na comarca barbancesa.

Entorno ás 11:00 horas, reuníanse 337 deportistas na Liña de Saída, entre eles seis do noso Clube, que a pesares da chuvia, do frio e da néboa que estivo presente ó longo de todo o percorrido, fixeronlle fronte ós 14 km de subidas e baixadas :

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo

Pto Cat.

MARIO R.

40 406 Sen-M 14km 1:15.38 5.25 33
CANTIMPLORA 60 433 Sen-M 14km 1:20.11 5.44

50

MARCE

255 397 Sen-M 14km 1:48.46 7.47 189
PIWARE 256 380 Sen-M 14km 1:48.46 7.47

190

ALFONSO

257 212 Sen-M 14km 1:48.47 7.47 191
DANIEL 270 39 Sen-M 14km 1:51.56 7.60

203

 

 

Co IVº Trail de San Alberte, da comezo o Arousa-Revolutrion Trail Series 2016, circuito de catro trails que se disputarán nos concellos de Ribeira, Rianxo, Boiro e A Pobra do Caramiñal ao longo dos seguintes catro meses:

  • Riveira- Trail de San Alberte: 31 de Xaneiro – 14 km. (475 m. desnivel+)
  • Pobra do Caramiñal – Trail de San Isidro: 21 de Febreiro – 13 km. (523 m. desnivel+)
  • Boiro – Trail de Bealo: 6 de Marzo – 14 km. (pdte. verificación desnivel+)
  • Rianxo – Trail de Castro Barbudo: 3 de Abril – 13 km. (490 m. desnivel+)

Catro competicións que serán únicas cada unha delas, pensadas para facer disfrutar do entorno e duns lugares totalmente descoñecidos.

 

¡¡NORABOA!!   E AGORA …  ¡¡A POLOS OUTROS TRES!!