XVIII Media Maratona Manuela Machado – Viana Do Castelo (Portugal).

SAÍDA SANTIAGO-NOIA.

IMG-20160110-WA0001

O pasado domingo día 10, un pequeno pelotón de atletas veteráns do Fontes do Sar concentráronse nos arredores do Campus Sur de Santiago de Compostela, lugar que tomaron como punto de partida para iniciar un adestramento especial cubrindo una distancia de aproximadamente 35 km que separan Santiago-Noia para preparar as próximas citas de media maratón e maratón que hai no calendario.

Cabe mencionar tamén a osadía dun grupiño de mulleres do grupo de entreno de mamás e papás que se sumaron para completar os últimos 10 km do percorrido.

E esa primeira cita non demorou moito, tan só unha semana despois ….

XVIII MEDIA MARATONA MANUELA MACHADO- VIANA DO CASTELO (PORTUGAL).

A nosa Camiseta Viaxeira  partía máis alá das nosas fronteiras, cara ó país veciño, cunha vintena de atletas do Fontes do Sar o pasado domingo día 17 de Xaneiro, en torno ás 8h00 da mañá, con destino a Viana do Castelo (Portugal).

Viana do Castelo recibiu así, a 18.ª EDICIÓN DA MEDIA MARATÓN MANUELA MACHADO, evento que congregou a preto de catro mil atletas, entre eles preto de un millar de galegos nos que non podían faltar os nosos.

Ás 10h30 soaba o pistoletazo de saída para completar os 21,097 km que caracteriza esta proba que contou cun perfil algo variado. Segundo nos comentaron os nosos corredores, ata o Km 5 aproximadamente, é todo chan para logo comezar a subir de forma tendida, con algunha pequeña baixada polo medio, ata chegar case á metade do percorrido onde se da un xiro de 180° para regresar polo mesmo sitio. É una desas carreiras nas que non te podes cebar ó principio porque podes chegar xustiño; se te reservas ben para a segunda parte, podes ir moi rápido.

A pesares das inclemencias que os acompañou ó longo da proba, os resultados foron bastantes satisfactorios :

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto Pto Cat.
GONTÁN 142 1825 M-40 21,097 km 1:20.21 3.47 1:20.01

23

J.FANDIÑO

160 1202 M-35 21,097 km 1:21.04 3.50 1:20.52 160
MON 202 1213 M-40 21,097 km 1:22.43 3.54 1:22.30

34

SANTIESPAÑOL

241 1253 M-35 21,097 km 1:23.53 3.57 1:23.33 55
JUANATEY 244 1224 M-40 21,097 km 1:23.56 3.58 1:23.44

44

J.BRANDÓN

294 483 M-50 21,097 km 1:24.56 4.00 1:24.43 23
JAVI 336 1301 M-35 21,097 km 1:25.57 4.03 1:25.44

79

J.CAO

404 1449 M-40 21,097 km 1:27.40 4.07 1:27.00 77
CARLOS B. 456 1251 M-40 21,097 km 1:28.41 4.10 1:28.02

86

J.LUIS

584 2246 M-20 21,097 km 1:30.44 4.17 1:30.32 154
ÁLVARO 606 618 M-20 21,097 km 1:31.07 4.17 1:30.29

161

CARLOS G.

712 1250 M-35 21,097 km 1:32.43 4.21 1:32.05 159
MANU C. 864 1356 M-35 21,097 km 1:34.45 4.24 1:33.03

195

SAINZA

871 1090 M-35 21,097 km 1:34.49 4.27 1:34.11 198
GAUCHO 940 1357 M-35 21,097 km 1:35.45 4.30 1:35.07

206

MANUEL

1757 2785 M-55 21,097 km 1:46.29 5.01 1:45.51 124
MARCE 2146 734 M-35 21,097 km 1:52.53 5.19 1:52.14

405

BEGO

2596 669 F-20 21,097 km 2:06.09 5.53 2:04.11

93

Trouxeron para casa deste xeito un bo sabor de boca e unha opinión xeneralizada de que lles encantou a carreira, unha boa organización e un fantástico ambiente durante a carreira con xente animando en todo o traxecto.