Pero non todo vai ser Pista

Como non todo vai ser Pista, vámonos centrar noutros tipos de competicións que se disputaron nas pasadas fins de semana e que son propias desta época do ano. Tales son os Trails, os Cross, ademáis das Carreiras Populares que sempre están presentes no calendario de tódolos corredores e en calquera época do ano:

2º TRAIL SAN ANDRÉS DE TEIXIDO 21K- CEDEIRA.

Disputado o domingo 22 de Novembro en xornada de mañá, na que estivo presente o frío. E que mellor maneira de combatilo facéndolle fronte a este tipo de probas de largo percorrido e ademáis en montaña.

21 km que discurriron polo Concello de Cedeira cun desnivel acumulado de 1800 m que chamou a un dos nosos apasionados desta modalidade, Pumi, a percorrer este traxecto.

Nombre Pto Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat.
PUMI 56 Abs-M 21km 2:09.06 54

FB_IMG_1448824639427_resized

MEDIA MARATÓN FAMALICAO – PORTUGAL.

Seguindo coas probas de mediana-larga distancia, esta Media Maratón disputada o pasado domingo 29 de Novembro coa nosa Camiseta Viaxeira a cargo de Mario R.(Por), que se desprazou ata o país veciño para completar os 21,097 km desta proba xunto con outros 3300 atletas :

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto Pto Cat.
MARIO R.(POR) 271 2330 M35 21 km 1:34.10 4.29 1:31.41 48

(Máis detalles pinchando sobre o nome)

 

Pero xa de volta á nosa terriña …

37ª  EDICIÓN DEL CROSS BELARMINO ALONSO DE CAMPO A TRAVÉS.

O Comesaña Sporting Club organizou, co patrocinio do Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, e coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, o “37º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través” no circuito de San Andrés de Comesaña en Vigo o pasado domingo 29 de Novembro. Tradicional encontro dos mellores fondistas galegos.

Estaban convocados a esta cita dous atletas Xuveniles do noso Clube, Santisky e Iago P. tendo que completar un percorrido de 4710 m dando tres voltas a un circuito de 1590 m, pero só contamos coa presenza dun deles :

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat.
SANTISKY 33 269 Xuv-M 4.710 m 19.12 21

 

As competicións que sempre están presentes ó longo de todo o ano son as carreiras populares, e na nosa terriña sabemos moito deso …

 

XI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE VEDRA.

Un total de 245 corredores déronse cita na Carballeira de San Fins de Sales no Concello de Vedra o pasado domingo 29 de Novembro para participar na “XI Carreira Pedestre Popular” celebrada neste lugar; e dadas as temperaturas que nos acompañaron, que mellor maneira de escorrentar o frío. Tal foi o caso dos nosos atletas presentes nesta carreira catalogada como algo duriña :

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo Pto Cat.
MATE 5 211 Alev-f 2000 m 7.58.697 3.60 1
CANDELA C.R. 24 218 Alev-M 2000m 9.19.097 4.40 4

 

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo Pto Cat.
LUIS FEIJOO 135 53 Vet1-M 7500 m 35.55.873 5.04 52
ANA VIGO 153 197 Vet2-f 7500 m 41.12.543 5.30 3
SONIA 154 152 Vet1-f 7500 m 41.12.803 5.30 9
ISA 156 148 Vet2-f 7500 m 41.16.913 5.31 4
CECI 169 196 Sen-F 7500 m 46.11.083 6.10 9

 

 

 

II CARREIRA POPULAR “ROMARÍA VIKINGA” 10K DE CATOIRA.

O domingo 29 de Novembro tivo lugar esta singular carreira en Catoira, facendo homenaxe ó corredor de populares máis veterán de Galicia, o ferrolán Jesús Bernal con máis de 1.500 carreiras nas súas pernas, que non puido facer as honras participando na proba; pero si estiveron presentes outros grandes do atletismo galego.

Non é que o tempo acompañara moito, pois o frio estivo presente durante gran parte da proba a pesares das raioliñas de sol.

Celebráronse diferentes percorridos en función das categorías. Do noso Clube tomaron línea de saída tras soar un corno vikingo :

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba Pto Cat.
NOÉ 2 642 Benj-M 400 m 2
MARTÍN B. 9 500 Alev-M 800 m 9

 

Nombre Pto Dors Categ. Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto Pto Cat.
DANIEL 96 242 Abs-M 10 km 42.42 4.16 42.38 46
TONI 328 73 Abs-M 10 km 1:01.45 6,08 1:01.24 73

 

4d

 

 

E por qué non conxugar festa e deporte …

III CARREIRA POPULAR DA RICHADA CONCELLO DE FORCAREI.

Forcarei celebrou o primeiro fin de semana do mes de Nadal a Festa da Richada.

Sumouse á esta festa na tarde do sábado 5, a “III Carreira Popular da Richada” organizada polo Concello coa colaboración da Diputación.

Nas  distintas probas, as distancias oscilaron entre los 100 metros dos prebenxamíns e os 7.500 metros da categoría absoluta.

Ata alí desprazarónse :

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo Pto Cat.
CANDE 8 309 Alev-F 1100 m 4.18 3.54 3
LÍA 15 308 Alev-F 1100 m 4.46 4.19 5

 

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo Pto Cat.
CHARLY 68 56 Sen-M 7500 m 33.36 4.29 37

 

Tamén contamos coa participación do noso pequeño Yeray do cal carecemos de clasificación, pero o que sí sabemos é que logrou un 2º posto na súa categoría de Benxamín  tras disputar unha carreira de 200 m.

 

CARRERA DE MONTAÑA CLUB FLUVIAL DE LUGO.

Perfecta para quen se inicia neste tipo de probas xa que non éxactamente de montaña.

Os participantes tomaron línea de saída entorno ás 11:00 horas no Paseo Fluvial para completar os aproximadamente 14 km de percorrido da proba penetrando e descubrindo as paraxes naturais da zona, percorrendo un traxecto que discurriu tanto por camiños como por asfalto. Atrevéronse con esta nova aventura :

Nombre Pto Dors Categ. Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto Pto Cat.
GRAÑA 216 91 VetB-M 13.900 m 1:28.28 6.22 1:28.17 35
ANA VIGO 217 23 VetA-F 13.900 m 1:28.28 6.22 1:28.17 13

(Máis detalles  e video de entrada en Meta pinchando sobre o nome)

XLII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS MEMORIAL PEPE CORDEIRO.

Evento deportivo máis antigo do Concello de Cangas que tivo lugar o pasado domingo 6 de Decembro e que organizou o Club Atletismo Vila de Cangas, o Concello de Cangas e a Fundación Cangas Deporte.

Despois das probas das categorías inferiores, baixo as luces dos farois, disputouse a carreira absoluta con un único representante do noso Clube que tivo que completar un traxecto de 10km :

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo Pto Cat.
MARIO R.(POR)  80 203 VetA-M 10 km 41.42 4.11 42

(Máis detalles  e video de entrada en Meta pinchando sobre o nome)

 

E para rematar, voltamos á Pista co …

GP VILA DE CUNTIS E MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA. CPTO DE ESPAÑA DE MARCHA DE INVIERNO.

Cando hai escasamente unhas semanas que víamos a nosa pequeña marchosa Lía no Campionato Galego de Marcha de Inverno acadando un 3º posto na súa categoría, o pasado domingo 6 de Decembro víamola de novo, pero desta vez disputando o Campionato de España que se celebrou nas Pistas de Atletismo de Cuntis.

E a verdade é, que non o fixo nada mal; pois tendo en conta o nivel co que se atopou, cruzou línea de meta nunha 5ª posición tras completar una distancia de 1000 m, e 3ª galega. Toda una especialista desta disciplina:

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat.
LÍA  5 131 Alev-F 1000 m 5.40.6- 5

¡¡Noraboa campiona!!

Pero o mellor agasallo que ficará sempre no seu recordo, ter a honra de poder posar ante as cámaras cunha Medallista Olímpica tal como María Vasco.

 

¡¡PARABENS PARA TODOS!!