En Fontes do Sar tamén Festexamos o Nadal

Xa chegou o Nadal, esas entrañables datas cheas de festexos que se celebran na compaña de familiares, amigos, … En Fontes do Sar non queríamos ser menos, porque entre todos os que formamos este Clube existe un gran vínculo que nos une que non só se limita ó gusto polo mesmo deporte, vai más alá.

Por iso, tanto nenos como maiores, fixeron cadanseu a súa festa para celebrar estas datas, porque no noso Clube Non Todo é Correr.

Os rapaces, coa tradicional Merenda de Nadal no Restaurante Galeón do Toural, un dos nosos patrocinadores,

 

e os máis veteráns, cunha Cea-Baile,

 

e todo iso acompañado de moita diversión e sobre todo bo ambiente, porque como ben sabedes todos e facendo honra ó noso lema, en Fontes do Sar somos «Un Club, Una Escuela, Un Equipo, Una familia».

E deste xeito poñemos punto final os entrenos do presente ano desexando que pasedes unhas felices festas e ….