A Camiseta Viaxeira na «51 Behobia/San Sebastián»

Como ben sabedes todos, unha das pasadas fins de semana, a nosa Camiseta Viaxeira  viaxou, nunca mellor dito, cun numeroso grupo de atletas do noso Clube cara ó País Vasco para participar, na mañán do domingo 8 de Novembro, na “51 Behobia/San Sebastián”, para completar un percorrido de 20km cun duro perfil que acumulou preto de 200m de desnivel.

Unha carreira apreciablemente multitudinaria, catalogada como preciosa cun bonito trazado, que reuniu a preto de 35.000 corredores dos que 26.649 cruzaron línea de meta.

Moitos dos abandonos foron ocasionados , sen dúbida, polas altas temperaturas impropias desta época do ano (30°C) acompañadas dunha alta humidade, presentes durante todo o traxecto, provocando golpes de calor a numerosos participantes, cando o normal é que sexan o frío, a chuvia e o vento os acompañantes dos corredores durante os 20km.

O veraniño de San Martiño fixo verdadeiros estragos.

Testimonios dos alí presentes relatannos:

“Deixei de ser consciente do que pasaba ó meu arredor en canto fun incapaz de encher os pulmóns de aire e,o non poder hidratarme, fixo o resto. A partir dese intre, non podía pensar noutra cousa que non fose atopar auga e correr para beber. Xa nada ten que ver con disputar unha carreira.”

“Costas que non deberían ser un problema para superar fose cal fose o ritmo e o nivel, empinábanse dun xeito fora do normal.” 

“A organización tivo que tomar medidas ó respecto evitando excesos na carreira e poñendo avituallamentos cada pouco, non paraba de recordarnos que non era día de facer marcas y que tíñamos que hidratarnos ben.”

“As rúas estaban ateigadas de xente.  Era impresionante como animaban e sentirse arroupado ó longo dos 20km. Aínda que foras cascado, os ánimos levabante en volandas.”                             

 

Pero a pesares de todo, os nosos foron quen de cruzar a línea de Meta :

Nombre Pto Dors. Categ. Pto Cat. Tpo km5 Tpo km10 Tpo km15 Tpo Meta
J.BRANDÓN 1623 1272 VetII-M 61 00:20.50 00.43.03 01.04.46 01.26.57
GONTÁN 1631 1197 Vet-M 539 00:20.50 00:43.04 01:04.58 01:26.59
J.FANDIÑO 1635 1167 Sen-M 968 00:20.52 00:43.06 01.04.49 01.26.59
JUANATEY 1638 1239 Vet-M 540 00:20.52 00:43.05 01:04.48 01.27.00
MON 1639 1574 Sen-M 971 00.20.53 00:43.05 01:04.49 01.27.00
SANTESPAÑOL 1805 1177 Sen-M 1052 00:20.52 00:43.06  01:04.48 01.27.38
J.CAO 2192 1285 Vet-M 742 00:20.51 00:43.04 01:04.58 01:29.05
CARLOS B. 3180 3744 Sen-M 1778 00.22.12 00:45.38 01:08.31 01:32.11
RAMÓN GARCÍA 4244 1169 Vet-M 1475 00.21.56 00:46.32 01:10.07 01:34.52
CARLOS G. 5176 3079 Sen-M 2725 00:22.11 00:46.30 01:11.20 01:37.01
ALFONSO 7102 3156 Sen-M 3599 00:25.36 00:51.32 01.16.41 01.40.46
DIEGO 7566 8145 Sen-M 3813 00:25.51 00:52.06 01:17.00 01:41.37
PABLO 8120 9180 Vet-M 2773 00:25.41 00.51.57 01:16.42 01:42.40
ALEJANDRA 16129 14450 Sen-F 1070 00:26.52 00:56.36 01:25.31 01:56.39
ESTRE 16434 23881 Sen-F 1117 00:27.00 00:56.06 01:25.45 01:57.12
MAC 16451 14463 Vet-M 5329 00:26.51 00:56.36 01:25.49 01:57.14
XAVI 17439 7855 Vet-M 5622 00:26.47 00:56.40 01:26.47 01:59.01
PIWARE 19275 7506 Vet-M 6130 00:26.09 00:55.46 01:28.32 02:02.31
MARCE 20882 22087 Sen-M 8590 00:26.49 00:56.09 01:26.50 02:06.08
ANA VIGO 24298 34253 Vet-F 1772 00:29.48 01:06.55 01:42.08 02:17.13

 

 

¡¡NORABOA A [email protected]!!