O tempo non é quen de frear aos nosos atletas

O tempo estival xa se vai deixando notar, nada mais ver o tempo que tivemos a pasada fin de semana …

Pero iso non foi suficiente para frear aos nosos atletas, que ainda así foron quen de acudir e de ser participes nalgunhas das carreiras disputadas nesa fin de semana, toda unha valentía sobre todo na de Brión , onde a chuvia non deu tregua e quixo acompañar aos nosos atletas.

 

SÁBADO 3 DE OUTUBRO

5a-tile

V MEMORIAL MANUEL BERGUEIRO – A ESTRADA

A Estrada acolleu o pasado sábado 3 de Outubro no seu casco urbano a celebración dunha nova edición do Memorial Manuel Bergueiro. Trátase da derradeira proba puntuable do III Circuito “ A Estrada Corre”.

Carreira na que participaron más de 300 atletas que disputaron probas de entre 500 e 1.600 metros para as categorías escolares, namentras que para a categoría absoluta foi un trazado de 10.000 metros.

Nombre Pto Dors Categ Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto Pto Cat.
GONTÁN 34 150 VetA-M 10km 35.25 3.33 35.23 11
CARLOS F. 42 23 VetA-M 10km 36.17 3.37 36.15 14
TERESA 91 76 Sen-F 10km 41.31 4.08 41.23 6
DIEGO 99 46 Sen-M 10km 42.17 4.13 42.08 32


Mencionar tamén aos nosos pequenos Iago P., Ángela, Cande, Lía, Yerai, que tamén se sumaron a este evento pero dos cales carecemos de clasificación e felecitar en especial a Noé por ese segundo posto no pódium.

4

 

 

2

I CARRERA POPULAR «TODOS FUERTES CONTRA EL DOLOR» – SANTIAGO

A Liga Reumatolóxica Galega e a Rede Española FM – SFC – SQM queren dar a coñecer as distintas enfermidades músculo esqueléticas (diagnosticadas un total de 250 enfermidades, as máis coñecidas: artrite, espondilitis, fibromialgia, artrosis, atritrite idiopática xuvenil , etc.) que padecen moitas persoas, adultos e nenos, doenzas algunhas descoñecidas, levando ata as rúas de Compostela, no entorno do Campus Sur, este evento deportivo que se estrea na mencionada cidade co único fin de recaudar fondos para os programas socio-sanitarios destinados a todas aquelas persoas que o precisan.

Con ese xesto solidario participaron no evento deportivo, acadando pódium catro das nosas atletas :

Nombre Pto Dorsal Categoría Distancia T.Oficial Pto Cat.
PUMI 15 40 Sen-M 5000 m 15.59 4
IVANCETE 16 66 Sen-M 5000 m 16.01 5
CANICOBA 17 23 Vet1-M 5000 m 16.01 6
ALFONSO 27 65 Vet1-M 5000 m 18.02 12
EMMA 38 15 Vet1-F 5000 m 19.26 1
ANA VIGO 45 10 Vet2-F 5000 m 21.36 2
MONTSE 46 8 Vet2-F 5000 m 22.00 3
CAMOCHA 56 7 Vet2-F 5000 m 25.02 4
XIANA 5 97 EscB-F 2500 m 9.12 2

 

1a-tile

 

TRAIL DO LUME – RIVEIRA

O pasado día 3 de Outubro celebrouse na localidade de Santa Uxía de Riveira, a 1ª proba da Liga Norte Canix na Aldea de TEIRA.

O Club Natural Atletas Caninos aproveitou o evento para propoñer un trail de 10km para que os amantes desta modalidade poidan testarse antes do  inicio da tempada. A proba transcurriu pola zona do Corgo, en Teira (Corrubedo), na que os atletas tiveron que dar dúas voltas a un circuito de 5km cunhas vistas imponentes do mar aberto que nos ofrece o Atlántico.

Quiso porse a proba o noso atleta Mario R. (Por), do que só podemos dicir que acadou un 5º posto na clasificación xeral á espera de que publiquen os resultados da proba.

 

DOMINGO 4 DE OUTUBRO

0

V Carrera del Agua, UNICEF – SADA

2000 atletas déronse cita o pasado domingo 4 de Outubro en Sada para participar na “V Carrera del Agua UNICEF”, organizada polo Club Atletismo Sada e o Concello de Sada. Carreira que, ademais de estar incluida no III Circuito Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial de A Coruña e dado o seu carácter solidario, destina todo o diñeiro recaudado para a Fundación de UNICEF para a súa campaña de “Gotas para Niger”.

Evento creado para facer partícipe a todo tipo de corredores, foran cales foran as súas condicións físicas, coa opción de escoller entre carreira de 10Km, competicións para as distintas categorías escolares e andainas de 11km ou 3km.

Tivemos participación dalgunha das nosas pequeñas atletas que quixeron aportar o seu graniño de area:

Nombre Pto Dorsal Categoría Distancia T.Oficial Ritmo
SOFI D. 1 1206 Benj-F 350 m 1.19 3.46
SARA 23 1203 Benj-F 350 m 1.46 5.03
ÁNGELA 5 1401 Alev-F 700 m 2.59 4.16

 

3a-tile

XXXIII CARREIRA PEDESTRE DA AMAÍA – BRIÓN

Con 32 anos de antiguedade, a Carreira Pedestre da Amaia, con escenario na famosa Carballeira de Santa Minia, converteuse nunha proba de referencia en toda a comarca Compostelana.

Organizada polo Concello de Brión, celebrouse o pasado domingo baixo unha constante chuvia sendo a gran protagonista da proba.

Os adultos correron 8km que transcurriron  tanto polo núcleo municipal coma polas distintas aldeas do municipio.

Afrontaron a proba 186 dos 238 atletas inscritos inicialmente, entre eles os nosos veteráns :

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba Pto Cat.
MANOLO 100 225 K 8KM 38
LISTE 113 219 M 8KM 8
ALFONSO 139 105 K 8KM 53

 

¡¡NORABOA  POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

Isto non fixo máis que comezar