A Camiseta Viaxeira estrea tempada con Marce en Cataluña.

21888774130_fd272817b6_o

35º CURSA POPULAR DE EL PRAT DE LLOBREGAT

Pero non todo foi mal tempo, e senón que nolo conte a nosa Camiseta Viaxeira, para a cal tamén dou comezo una nova tempada collendo rumbo a Cataluña a fin de semana pasada acompañando a Marce para participar na “35º Cursa Popular de El Prat de Llobregat”.

Evento que tivo lugar na mañán do domingo 4 de Outubro, xornada festiva co deporte como protagonista na celebración da “Festa Major 2015”, e que convocou preto de 2000 atletas de tódalas categorías.

Entre eles Marce, que tomou liña de saída cunha temperatura que rondaba os 26°C en torno ás 10:00 horas dunha xornada que presaxiaba calor, para completar xunto con outros 1200 participantes, a distancia de 10km nun circuito totalmente urbano e carente de desniveis.

A maiores tamén se disputou unha carreira de 3km para as categorías escolares, así como una proba para discapacitados.

 

IMG-20151010-WA0011

¡¡PARABÉNS MARCE!!