Outras carreiras da fin de semana.

Como xa sabedes, na nosa Comunidade temos un calendario amplo, cheo de competicións para tódolos gustos e tódalas esixencias. Esa variedade permite aos nosos atletas poder disfrutar do deporte que lles gusta e combinalo coa beleza paisaxística da nosa xeografía.

Así aconteceu na fin de semana pasada. Vexan :

 

21300394588_5e128b05fc_z

24° CARREIRA POPULAR “GUNDIÁN 2015”.

Celebrada na mañá do domingo 13 de Setembro.

A proba arrancou na Ponte Vella, unha construción de finais do século XVIII, que hoxe empregan os peregrinos que seguen a Vía da Prata. É unha carreira popular de traxecto curto pero esixente, que transcorre polas dúas beiras do río Ulla, entre as provincias da Coruña e Pontevedra e na que os corredores, aparte de poder disfrutar da paisaxe, atopáronse cun percorrido de subidas e baixadas suaves e outras cun desnivel acusado. Foi o caso de :

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo Pto Cat.
ALFONSO 113 180 Masc.E 4000m 21:40.84 4.50 55
CANDE  21 137 Fem.B
LÍA 28 138 Fem.B  –

 

XXXI CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO.

Tivo lugar o pasado domingo 13 de Setembro nunha xornada de mañana que presaxiaba choiva. Ata alí desplazáronse dous atletas do Clube para completar un percorrido de 6,330Km nun circuito que, catalogado como un auténtico rompepernas, foi completado exitosamente.

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo Pto Cat.
MARÍA 446 316 VetA-F 6,330Km 40.22 6.23 24

 

21301668858_53842de1e9_z

III DUATLÓN POPULAR CONCELLO DE RIVEIRA “MEMORIAL JESÚS HUERTA”.

E para cambiar un pouco de modalidade , houbo quen se atreveu co duatlón.

Este foi o caso de Carlos F. que tomou saída no Malecón na proba “Mini Sprint” ás 10:00 horas do domingo 13 de Setembro para completar unha proba que constou de 2.100m a pé, 10.400m en bici e para rematar 1.250 m a pé.

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial T.Neto Pto Cat.
CARLOS F. 4 31 Vet-M Duatlón 35.37 35.36 2

21463716506_43b5250557_z

 

IV CARREIRA NOCTURNA «CORRE POR FERROL».

III CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA.

Non nos podiamos esquecer desta interesante carreira que tivo lugar o pasado sábado 12 de setembro, organizada polo Concello de Ferrol.

A pesar do seu horario nocturno, iso non intimidou aos nosos pequenos atletas que até alí se desprazaron para cubrir distintas distancias segundo a súa categoría, que foron de 1000m para os Benxamíns-Alevíns e de 2000m para os Infantís-Cadetes, e todo iso en circuítos que discorreron polos barrios da Madalena e Ferrol Vello.

Eses pequenos trasnoitadores foron :

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat.
ÁNGELA 3 715 Alev-F 1000m 3.42 2
CANDE 7 706 Alev-F 1000m 3.50 6
LÍA 11 705 Alev-F 1000m 4.05 10
SARA 15 734 Benj-F 1000m 4.35 4
IAGO P. 6 766 Cad-M 2000m 7.00 5

 

¡¡NORABOA A [email protected]!!