Benvidos !! Damos comezo a unha nova Tempada.

Benvidos a todos de novo!!

Comezamos unha nova tempada; novos compañeiros, novas categorías, novas competicións, …. , e como podedes apreciar, estreamos tamén nova lingua na nosa páxina.

(Só espero sepades perdoar as posibles erratas)

Moitos iniciaranse neste deporte, polo que dende o Clube queremos darlles a benvida, onde os acolleremos gustosamente como novos membros da nosa gran familia desexando que disfruten non só de todo o que poida aportar este deporte, senon do bo ambiente e compañerismo, porque non só compartimos afección, senon eventos, desafíos, logros, amizades, risas, inquietudes,…, o que fai que teñamos un compromiso non só cun mesmo senon tamén co Clube aportando dalgunha maneira o noso graniño de area.

Dende a Directiva e a Dirección Técnica, que conta cun cadro de adestradores sen igual que poñen todo da súa parte para formar a todolos nosos atletas, saberemos valorar todo o voso esforzo e brindarémosvos todo o noso apoyo.

Sen máis preámbulos, un breve percorrido por algunhas das competicións que tiveron lugar a pasada fin de semana e que darán comezo a esta nova tempada:

 

SÁBADO 05 DE SETEMBRO

Lía ,Cande y Iago

Lía ,Cande y Iago

XXXIV MARATÓN POPULAR SAN XOÁN DE PIÑEIRO – MUGARDOS.

III CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA.

Disputouse nesa pequena localidade e contamos coa presenza de tan só tres atletas en categorías escolares que, como ben podemos apreciar, compiten para acadar unha boa clasificación dentro do III Circuito Provincial de Carreiras Populares Deputación de A Coruña  asistindo a case tódalas carreiras do calendario. É o caso de :

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial
IAGO P. 6 310 Cad-M 1900 m 6.29
CANDE 36 360 Alev-F 1901 m 8.18
LÍA 39 359 Alev-F 1902 m 8.23

 

DOMINGO 06 DE SETEMBRO

IV CARREIRA SOLIDARIA DA PISCINA MUNICIPAL DE MUROS.

Carreira de carácter solidario organizada pola Concellería de Cultura, Deporte, Educación e Xuventude e a piscina Municipal de Muros, en colaboración coa federación Galega de Atletismo, na que parte da recadación doarase á entidade de “Cáritas de Muros”.

Houbo probas para tódalas categorías con percorridos polas principais rúas da vila, ademáis dunha andaina para facer partícipe a todos aqueles que quixeron aportar o seu graniño de area. Contou con numerosa participación e o noso Clube tamén estivo presente en mans de:

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat.
MARCELINO 90 109 Sen-M 8000 m 42.12 20
ÁNGELA  5 172 Alev-F 1000 m 4.12 2
SARA 14 203 Benj-F 600 m 3.03 6

 

V CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIMIANZO.

CAMPIONATO DE GALICIA 10KM RUTA.

Esta localidade da Costa da Morte acolleu o pasado domingo 06 de Setembro, en xornada de mañá, o Campionato Galego de 10km Ruta que se disputou de forma conxunta coa Carreira Popular Concello de Vimianzo.

Os nosos atletas que ata alí se desplazaron, tiveron que completar os 10 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) nun circuito de dúas voltas.

Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo Pto Cat.
MANUEL 81 135 M-60 10000m 46.48 4.40 5


NORABOA A [email protected]!!

 

E éste só é o comezo dunha larga tempada de adestramentos, competicións e carreiras.

SORTE E ÁNIMO A [email protected]!!