San Silvestre Compostelana 2013

SAN SILVESTRE COMPOSTELANA 2013

O martes 31 de Decembro de 2013, celebrouse a I San Silvestre Compostelana. Cun percorrido de case cinco km e por o Campus Sur e Alameda, rematando no Paseo dos Leóns, case que mil participantes disfrutaron dunha mollada tarde de atletismo.

O equipo do clube case completo (preto de 80), nenos e nenas, pais e nais, senior e veteráns participamos nunha proba, na que non íamos a correr, íamos a pasalo ben, a disfrutar e a despedir o ano.