Inauguración oficial Tempada 2013-2014

O Concelleiro de Deportes da cidade de Santiago de Compostela, inaugurou  o martes 24 de Setembro de forma oficial a nova tempada da Escola do Clube.

Adrián Varela, participou nos adestramentos dos máis pequenos, entre todos fixemos unha foto de grupo nas bancadas do Estadio Municipal de San Lázaro e adestrou cos compoñentes da escola de pais, que pouco a pouco vai crecendo e empezan a ser un número considerable.

Arredor de 50 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos participan os martes e xoves nos adestramentos da Escola. Arredor de 15 pais e nais participan na Escola de Pais, e pasan unha hora adestrando facendolle a competencia os máis pequerrechos do clube.

Asimismo máis de 50 atletas senior e veteráns homes e mulleres, comezaron os seus adestramentos semanais e seguen participando en multitude de probas o longo do da nosa Comunidade, incluso clasificando para probas de nivel nacional.