Voltamos ós adestramentos na escola

PistasSanLazaroO martes 3 de Setembro de 2013, as 18 horas, no Estadio de San Lázaro, retomamos os adestramentos para a vindeira tempada.

Lembrade que disporemos de prazas para as categorías dende Prebenxamín de último ano (nados en 2007) en adiante.


Corremos, sudamos
viaxamos xuntos e descubrimos lugares
entrenamos, competimos e sufrimos,
sorrimos e divertímonos;
tamén choramos.

Merendamos,
aprendemos moitísimo sen darnos conta,
debuxamos,
enfadámonos e voltamos a rir.

Caímos, lastimámonos, sangramos
e voltamos a chorar;
levantámonos e abrazámonos,
xogamos, entrenamos, participamos, gañamos,
perdemos, e voltamos a perder e….
…. e logo a gañar;
medallas, trofeos, diplomas, …
…. pero sobre todo: Ilusión

Aprendemos a non rendirnos,
saltamos, lanzamos e berramos,
apoiamos os compañeiros e a veces ós rivais,
pero tiñamos forzas para seguir berrando
e apraudindo e veña apraudir.

Comemos xuntos,
estudamos e fixemos os deberes,
lesionámonos e recuperámonos;
cantamos, bailamos,
empuxámonos e levantámonos,
aprendimos a gañar e a perder,
pero sobre todo a participar;
deshidratámonos,
mollámonos (moito),
pasamos frío (bastante),
pero seguimos aquí loitando.

Existen moitas maneiras de traballar,
e esta é a nosa;
pouco a pouco,
paseniño a paseniño,
formando Atletas,
pero sobre todo:
Persoas, Compañeiros e AMIGOS.

 

Voltamos ca “Escola Atletismo Fontes do Sar” o 3 de Setembro.

Anótate, e ven a desfrutar con nós.