Campionato Galego de Milla e 1000 metros en ruta

Con un sol excepcional, María Lama subeu o podium como 1ª Clasificada Prebenxamín mulleres (500mts) na Milla de Padrón. Tamén subeu o podium como 2º Clasificado Prebenxamín homes, Nicolás Pais.

O domingo 12 de Maio terá lugar o Campionato Galego de 1km en ruta benxamín, alevín e infantil, así como o Campionato Galego Absoluto de milla en ruta e das categorías cadete, xuvenil, junior, promesa e veterán. Os campionatos terán lugar nun circuito homologado pola Real Federación Española de Atletismo na localidade de Padrón (canal de derivación do río Sar). Conxuntamente celebrarase a III Milla Urbana do Concello de Padrón 2013 para todalas categorías incluidas os Prebenxamíns (500 metros)