Carreira Pedestre Popular O Pino

Con unha xornada moi agradable, o noso mellor atleta Nemesio quedou no posto 11 cun tempo de 27.37 a tan so 3 minutos do «meteorito» e primeiro en entrar na liña de meta. Outros atletas foron Alfonso e Candido, que subiu o caixón dos premios como atleta máis veterán da carreira.

Con respecto a Escola, foron 15 os [email protected] que participaron acadando bos tempos e posicións despois dunha dura xornada de atletismo o día anteior en A Coruña. Subeu o caixón dos premios acompañado de «Coco Monada» a Prebenxamina María Lama quedando en segunda posición.

Preparada a X edición da Carreira Pedestre do Concello de O Pino que se celebrará despois de moitos anos en domingo de xornada de mañá (5 de maio).

A xornada comenzará pola proba de canicross (10 h), e como seguinte novidade, ás 11 horas celebrarase a proba absoluta previo as carreiras escolares. 

Esta é carreira do clube, co cual a participación será a máxima posible. Os atletas que acudan o día anterior o Campionato Provincial de Atletismo en Idade Escolar, decidiremolo ese día.