GRANDE ÉXITO NA CARREIRA DE VEDRA

O domingo 2 de Decembro, celebrouse en San Fins de Sales, a VIII Carreira Pedestre Popular de Vedra, onde os nosos/as atletas máis xovenes brindaron pola súa participación. Un total de vinte nenos da Escola, correron as distintas carreiras disputadas no día de hoxe, todo un éxito para ser a segunda carreira na que participamos.

Todos lucimos as novas camisolas oficiais do clube e o Atl. Fontes do Sar empezou a ser nomeado pola megafonía. Aínda que facía un frío que pelaba e cortaba os dentes, os máis pequeniños do clube non o dubidaron e luciron a camisola con gran alegría e deportividade. Foi unha magoa non poder facer unha foto de grupo, (o frío podía máis), pero quedamos emprazados para outra ocasión, onde poidamos lucir tamén o chandal.

Destacamos hoxe os podiums de:

 

 

 

 

 

 

 

 

3º Posto na Carreira Benxamín nenas de Carmen

 

 

 

 

 

 

 

 

2º Posto na Carreira Prebenxamín nenos de Nicolás

 

 

 

 

 

 

 

 

2º Posto na Carreira Prebenxamín nenas de María

3º Posto na Carreira Prebenxamín nenas de Irene

A todos/as moitas grazas pola participación e a seguir medrando que empeza un bo camiño

 RESULTADOS