Nova escola de atletismo para os pequenos

Este ano estreamos a escola de atletismo, que nace coa intención de dar a coñecer este fermoso deporte aos máis pequenos con actividades deportivas relacionadas co atletismo, sen esquecer a parte didáctica – pedagóxica que como todo deporte pode aportar os rapaces valores e experiencias moi positivas no seu desenvolvemento. Nesta parte foi moi relevante o impulso que se fixo dende o Departamento de Deportes do Concello encabezado polo seu Concelleiro de Deportes Adrián Varela. Proporcionándolle o club todo o necesario para comezar con esta escola, sen esquecer o apoio dos seus patrocinadores.