VIII Carreira Pedestre Popular Concello DE O Pino 2011

É un pracer convidarvos a 8ª edición da Carreira Pedestre Popular do Concello de O Pino, unha proba que se disputará o sábado 7 de maio a partir das 18 horas na localidade de Arca-Pedrouzo sita a 3 km do aeroporto de Santiago de Compostela (N-547).

Despois de 7 edicións seguimos mantendo no Concello un compromiso co Deporte no cal resulta imprescindible a participación dos atletas populares e clubes de Galicia, de ahí que se faga este chamamento a que volvades a participar con nós deste proxecto.
Toda a información relativa á proba podedela consultar no arquivo adxunto co regulamento, e nas webs www.atletismogalego.org , www.fgatletismo.es/santiago e www.concellodeopino.com .

As inscricións poderedes realizalas na web www.turesultado.es (non olvidedes activar a mesma unha vez recibades o correo de confirmación).

Recibide un cordial saúdo. Agardamosvos un ano máis en O Pino.


Departamento de Deportes
Concello de O Pino

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *