A CARREIRA DA SAÚDE – MEIGA

Por resultar de interese para o movemento asociativo compostelano, reenviamos información sobre A CARREIRA DA SAÚDE, que organiza a Asociación MEIGA. A mensaxe é a seguinte:

——————————————————-

A asociación estudiantil MEIGA ten o pracer de convidarte a unha nova proba que organizamos os estudantes da facultade de medicina o día 30 de Abril en Santigo de compostela, no parque A granxa do Xesto (Monte Pedroso).

Trátase dunha carreira/camiñata para promover a saúde e o exercicio. Para todas as idades e toda a familia!!

Son aproximadamente 5 km.

Durante toda a proba repartiremos froita e bebida e tódolos participantes levarán para a casa unha camiseta técnica de regalo personalizada para que sempre recorden o importante que é coidarse. Ésa é a mensaxe que vos queremos transmitir.