Etiquetado: Videos

2ª CARREIRA NOCTURNA SANTYAGO10K.

O pasado sábado 21 de Maio celebrouse esta gran festa deportiva na nosa cidade, a Segunda Edición da Carreira Nocturna de Santiago de Compostela “SantYaGo 10K” organizada e impulsada polo Club Atletismo Fontes do Sar coa colaboración do Multiusos Fontes do Sar – Complexo Deportivo Santa Isabel e do Concello de Santiago, así como dos numerosos Patrocinadores e Entidades Colaboradoras. Despois duns longos meses de traballo para que todo estivera a punto para esa gran noite, especialmente por parte da Directiva do noso Club, chegou a recompensa co éxito ó gran esforzo. Este ano, pese a que as condicións meteorolóxicas non acompañaron moito,...

Seguimos colleitando Logros e Títulos en Pista A.L.

Se a semana pasada falábamos do noso Equipo Alevín Feminino como Campionas Galegas de Clubes, nesta ocasión ímolles dedicar un oco ós demáis participantes desta competición así como ós que participaron en distintos Controis de Marcas e no Campionato Provincial de Pista A.L. de XOGADE que se disputaron nas pasadas fins de semana. I TROFEO ATLETISMO BARBANZA – DIA DAS LETRAS GALEGAS. Disputado na tarde do pasado martes 17 de Maio no Estadio Municipal de A Alta da Pobra do Caramiñal. Ata alí desprazáronse algúns dos nosos rapaces acompañados polo seu adestrador Luis na procura de mellores marcas e facerse un oco nos vindeiros campionatos. A súa participación foi notable, vexan...

Pista para todos … XOGADE e Controis de Marcas.

  Sumerxidos en plena Pista Aire Libre, os nosos rapaces andan na procurra de marcas que lles permitirán disputar os próximos campionatos, como foi o caso das categorías Cadete e Superiores que, o venres 29 de Abril, se desprazaron ata Noia para participar no Control de Marcas que se disputou no Estadio de San Lázaro desta localidade.     Algúns estreábanse en novas distancias, outros iban co afán de superarse e … así foi, non hai máis que ver os resultados, onde sí se melloraron moitas marcas e se estableceron novos Recors do Club :   100 ml Absoluto Masculino...

Pista A.L. con XOGADE para escolares e Controis de Marcas para maiores.

Xa deixamos atrás a tempada de Pista Cuberta para iniciar a tan desexada de Pista Aire Libre. Damos  comezo cun Control de Marcas que se disputou, en xornada de tarde, o pasado Venres día 8 de Abril nas Pistas do Estadio Universitario de Santiago de Compostela, onde se concentraron atletas das categorías Cadete e Superiores que quixeron porse a proba e acadar esas marcas que lles permitirá  disputar próximos Campionatos, entre eles algúns atletas do noso Club. Seguindo os consellos do seu adetrador Luis … … vimos aos nosos en probas tanto de carreira … 100 ml Absoluto Masculino Nombre MM...

NERE leva ó Fontes do Sar ó Nacional de Pista Cuberta.

  Un grandioso 10º posto para Nere no seu primeiro Campionato de España Cadete Pista Cuberta. Quen puso a guinda para rematar a tempada de Pista Cuberta por todo o alto foi Nere coa súa participación no Campionato de España Cadete que se celebrou a pasada fin de semana no Pazo Municipal dos Deportes de Oviedo (Asturias), o seu primeiro Campionato de este calibre. Ata alí levou a nosa Camiseta Viaxeira acompañada polo adestrador Luis e familiares, puidendo gozar deste evento que se desenvolveu ó longo das dúas xornadas (sábado 12 e domingo 13 de Marzo). Foi notable a súa...

Seis metais no Campionato de Galicia de Pista Cuberta para o Atletismo Fontes do Sar.

  Os nosos atletas Xabi e Carlitos que na última fin de semana do mes de Febreiro disputaron o Campionato Galego de Pista Cuberta, cedíanlle o testigo ás categorías inferiores dándolle paso así a numeros@s atletas da nosa Escola que conseguiron meterse no Campionato Galego de Pista Cuberta despois duns meses de duro traballo e de obter as mínimas en diversas probas e controis de marcas  que se disputaron ata o momento. Excelente actuación a dos atletas do Fontes do Sar neste Campionato para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete que se disputaron a fin de semana  do 5 e...

Un oco para a Ruta.

Deixando un pouco os Trails a un lado, ímoslles dedicar tamén un pouco de tempo a aqueles que se decantan pola Ruta, que aínda que non sexan as competicións máis abundantes nestes intres, algunha sempre hai … IV MEDIA MARATÓN DE O CARBALLIÑO. O pasado domingo 6 de Marzo  disputouse de forma simultánea no concello de Carballiño a “IV Media Maratón do Carballiño” e a “I Carreira Corta de 7 Km”. En torno ás 10:30h, con saida na Avenida Balneario, atopábamos a Neme disputando a Media Maratón dando tres voltas a un circuito ata completar os 21,097 km da proba,...

A nosa participación nos Trails dos últimos 15 días.

Como ben sabemos tod@s, o trail é unha modalidade do running que ten a particularidade de que o trazado discorre por zonas de monte combinando a dureza do percorrido coa natureza e coa beleza paisaxística. E coas últimas referencias que xa fixemos desta modalidade, é evidente que xa comezamos a tempada dos Trails e que cada vez son máis os que enchen os calendarios dos afeccionados a esta modalidade habéndoos para tódolos gustos, tanto en diversidade paisaxística como en dureza. Son tantos os eventos que xorden deste tipo que ás veces dificulta a decisión por cal decantarse, pero quenes sí...

Cargados de 8 Oros, 4 Platas y 4 Bronces en el Cpto. Provincial de Pista A.L.

  No hay mejor manera de cerrar la temporada del Deporte Escolar en Pista A.L. de XOGADE que con la competición disputada el pasado sábado 30 de Mayo en el Estadio de “A Malata” – Ferrol. Hasta allí se desplazaron 28 de nuestros atletas de las categorías Benjamín, Alevín e Infantil clasificados entre las 16 mejores marcas de toda la Provincia en distintas disciplinas, para competir en el Cpto. Provincial. El Campeonato se desarrolló satisfactoriamente, en un caluroso día de jornada completa. Se encontraron con una rivalidad muy alta, pero aún así no se rindieron y le hicieron frente proclamándose, de esa manera,...

Infantiles y Cadetes en la 2ª Jornada de Atletismo Escolar en Pista – Xogade

  El sábado 11 de abril se disputó en jornada de tarde, en el Estadio Municipal da Fieiteira – Riveira, la “II Xornada de Atletismo Escolar en Pista – Xogade” para las categorías Infantil y Cadete  de las zonas de Santiago y Noia. Hasta allí se desplazaron algunos de nuetros atletas acompañados por Simón y Diego, entrenadores del Club. Cabe destacar la brillante actuación de todos ellos. Para algunos, como  estreno en pruebas nunca realizadas y para otros, como puestos conseguidos y mejoras de marcas personales.   Nombre Prueba Categoria Posición Marca MMP Rec. CLUB CARBALLAL 80 m.v. InfM 1...