Etiquetado: Trail

XULLO 2017

XULLO DE 2017 Este xullo foi o mes dos “montunos”, o trail foi a especialidade na que máis se participou . Un par deles, o de Quiroga e o de Boborás nocturno, pensados para os máis atrevidos, para os que non lle da medo perderse no monte  de noite. Unha media maratón, a do Camiño, carreira que gustou moito aos que participaron, un cross  e uns cantos dez miles, foron as participacións dos nosos nun mes na que a meirande parte da xente está en modo vacacións. Facemos resumo do acontecido. CARREIRA IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CURTIS. CTO DE...

XUNO DE 2017

Xuño de 2017 Atrás quedou o mes do solsticio de verán, con tempo solleiro e temperaturas en demasía, rematou o colexio, as actividades extraescolares e os adestramentos; demos a benvida a estación pola que agardamos todo o ano. Gozamos da noite máis máxica, a do san Xoán, e tamén corremos moito, quilómetros a gusto de todos, ben feitos, pouco feitos, volta e volta … imos ver.   IV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE ZAS . V CIRCUÍTO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA. IV CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE SÁBADO, 03 DE XUÑO DE 2017. Concello de Zas Distancia: alevín 1000m...

MAIO 2017

 Foi un mes cheo de emocións e, a III edición da Santyago foi sin dubida o máis salientable deste mes que xa rematou. Pero moitos foron os quilómetros que os nosos atletas acumularon a longo deste maio solleiro. Quilómetros de asfalto, en Arteixo, en Frades, en Mazaricos, en Outes, en Lugo… Quilómetros de monte, no Ultra de Cerveira, no Galaica da Pobra, nos Picos de Europa… Quilómetros solidarios, no Campus na Nube, ou na carreira pola Esclerosis Múltiple. Quilómetros pola lingua na carreira das letras. Quilómetros costa arriba, moi costa arriba na subida a Covadonga. Quilómetros pola area na carreira...

UN ABRIL PARA O RECORDO.

Cando xa maio vai polo seu ecuador  poñemos resumo do feito en abril. Temos que pedir desculpas polo retraso pero os frontes abertos son moitos e as horas poucas. Non son tan poucas as  que empregan os nosos  corredores, que non paran: maratóns, medias, carreiras infinitas, e as cabras montesiñas que desta volta chegaron hasta o europeo. Todas e cada unha das participacións teñen moito mérito pero, ás veces abráiamonos porque a nosa xente fai cousa grandiosas. Mención especial para Mario R. que nos representou no europeo de Montaña, acadando un resultado espectacular. E como non, tamén mención para as...

CROSS, TRAIL, MEDIAS…

  Febreiro dou comezo forte, as dúas primeiras semanas deron para facer cross, trail , medias… Visitamos Cataluña da man de Moure, a Portugal leváronnos Pumi, Saky e Fon. Cada vez as nosas cores vanse máis lonxe!. O trail e as medias foron as disciplinas estrela desta quincena; será que a xente sabe que se achega o entroido e anda a facerlle sitio ás filloas, ás orellas e aos cocidos no bandullo. Pois a queimar que toca. Imos co resumo: CROSS DE A  BAÑA LUGAR: CONCELLO DE A BAÑA DATA: 05 DE FEBREIRO DE 2017 O Concello de A Baña...

ATRÁS DEIXAMOS XANEIRO.

Atrás deixamos o mes de xaneiro, Peterhansel gañou o Dakar en coches, a liga de fútbol pechou  o mercado de inverno, Federer gañoulle a Nadal o Open de Australia, e os do Fontes do Sar cada día dan máis guerra, porque cada día son máis e mellores. Este xaneiro deixounos quilómetros de asfalto de pista e de monte, deixounos podios, mellores marcas, clasificacións,… deixounos éxitos e derrotas , algunhas pequenas lesións que de seguro non serán nada. Imos co resumo: CARREIRA:VI CROSS DOS MENHIRES DATA: 21 DE XANEIRO DE 2017 .12:30H DISTANCIA:  6,15 km. LUGAR:  SAÍDA PRAZA DE ESPAÑA Os...

AVANZA DECEMBRO

Seguimos sumando quilómetros, esforzo, alegrías, podiums… A pasada semana algúns quixeron celebrar a xornada festiva do día 8 correndo en Pontecesures, o sábado tocou Forcarei e o domingo os traileros fóronse a zoquear os montes de Noia. XVII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES Xoves 08 de decembro de 2016 O Concello de Pontecesures organizou a XVII edición da súa carreira popular, o pasado  xoves 8 de decembro. A pesar de se tratar dunha data un tanto peculiar foron moitos os que quixeron competir entre semana e, a xulgar pola cantidade de participantes,  a cita foi todo un éxito . Os atletas...

REMATAMOS NOVEMBRO.

Rematamos novembro. A derradeira fin de semana de novembro dou para moito, para correr cos vikingos de Catoira, coas animas de San Andrés ou colaborar coa causa na We are ready. Remata o mes de San Martiño que foi ben completiño de quilometros.   III CARREIRA POPULAR ROMARIA VIKINGA 10K DE CATOIRA. 27 DE NOBEMBRO DE 2016 10KM//2KM// 800 m // 400m // 100m. CATOIRA   Esta foi a terceira edición da Carreira romería Vikinga 10k, que se celebrou en Catoira o pasado dia 27 de novembro. A proba bateu record de asistencia. Con alguna modificación no trazado, pasando a...

Unha de Trails …

9ª ANDAINA ”BISBARRA DO SAR” CONCELLOS DE PADRÓN E ROIS.  A 9ª Andaina Bisbarra do Sar, é a primeira proba da tempada da Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo, organizada pola Asociación Colectivo Remonte, Concello de Padrón e Concello de Rois e incluída no calendario das probas de “50 Quilómetros” en Galicia. Celebrouse o pasado 9 de Abril onde os participantes se reuniron en línea de saída en torno ás 9:00 da maña na Praza de Macías de Padrón, dende onde arrancou a proba que contou con dúas modalidades: Andaina (andando) ou ultratrail (correndo).   As Terras de Iria...

Semana Santa entre Carreiras.

Tras unha breve pausa, procedemos a actualizar a información retomando, pola nosa parte, o pracer de mantelos ó día con todo aquilo que ocorre en relación co atletismo e o noso Clube. Algunhas desas citas xa quedaron algo atrás, pero terémolas en conta de tódolos xeitos. Remontámonos á Semana Santa, que a pesares de ser datas festivas de carácter relixioso (para moitos vacacións), sempre atopamos un bó momento para calzar as zapatillas ben sexa para saír a rodar un anaco como para participar nas diversas citas que atopamos no calendario. Para celebrar o día de San Xosé, nada menos que...