Etiquetado: Ruta

¡¡REMATARON AS VACACIÓNS!! COMEZAMOS REMEMORANDO…

¡¡XA ESTAMOS AQUÍ!! ¡¡REMATARON AS VACACIÓNS PARA DAR COMEZO A UNHA NOVA TEMPADA!! Benvidos a todos de novo!! Esperamos que desfrutárades do verán e veñades coas pilas ben cargadas desexando retornar á rutina e dar comezo a unha nova tempada de adestramentos con novos compañeiros, novas categorías, novas competicións, …. Moitos iniciaranse neste deporte, polo que dende o Clube queremos darlles a benvida, onde os acolleremos gustosamente como novos membros da nosa gran familia desexando que disfruten non só de todo o que poida aportar este deporte, senon do bo ambiente e compañerismo, porque non só compartimos afección, senon eventos,...

2ª CARREIRA NOCTURNA SANTYAGO10K.

O pasado sábado 21 de Maio celebrouse esta gran festa deportiva na nosa cidade, a Segunda Edición da Carreira Nocturna de Santiago de Compostela “SantYaGo 10K” organizada e impulsada polo Club Atletismo Fontes do Sar coa colaboración do Multiusos Fontes do Sar – Complexo Deportivo Santa Isabel e do Concello de Santiago, así como dos numerosos Patrocinadores e Entidades Colaboradoras. Despois duns longos meses de traballo para que todo estivera a punto para esa gran noite, especialmente por parte da Directiva do noso Club, chegou a recompensa co éxito ó gran esforzo. Este ano, pese a que as condicións meteorolóxicas non acompañaron moito,...

Disfrutando coa Corta, Media e Larga distancia en Ruta.

No noso Clube sabemos disfrutar deste deporte. Non pasa unha fin de semana en que non sintamos a necesidade de correr, de brincar, de andar, de calquera xeito, de mover o corpo, no importa se por pista, por monte, por asfalto, simplemente eso, CORRER e, sobre todo, disfrutar …. XVII MEDIO MARATÓN GRAN BAHÍA VIG-BAY. Seis dos nosos atletas desprazáronse o pasado domingo día 10 de Abril a Vigo para participar no “XVII Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay”; proba en ruta cun traxecto de 21,097 km homologados pola RFEA que discurren paralelo á costa entre Vigo e Bayona. Un total de...

Semana Santa entre Carreiras.

Tras unha breve pausa, procedemos a actualizar a información retomando, pola nosa parte, o pracer de mantelos ó día con todo aquilo que ocorre en relación co atletismo e o noso Clube. Algunhas desas citas xa quedaron algo atrás, pero terémolas en conta de tódolos xeitos. Remontámonos á Semana Santa, que a pesares de ser datas festivas de carácter relixioso (para moitos vacacións), sempre atopamos un bó momento para calzar as zapatillas ben sexa para saír a rodar un anaco como para participar nas diversas citas que atopamos no calendario. Para celebrar o día de San Xosé, nada menos que...

Un oco para a Ruta.

Deixando un pouco os Trails a un lado, ímoslles dedicar tamén un pouco de tempo a aqueles que se decantan pola Ruta, que aínda que non sexan as competicións máis abundantes nestes intres, algunha sempre hai … IV MEDIA MARATÓN DE O CARBALLIÑO. O pasado domingo 6 de Marzo  disputouse de forma simultánea no concello de Carballiño a “IV Media Maratón do Carballiño” e a “I Carreira Corta de 7 Km”. En torno ás 10:30h, con saida na Avenida Balneario, atopábamos a Neme disputando a Media Maratón dando tres voltas a un circuito ata completar os 21,097 km da proba,...

Un oco para a Ruta coa Carreira Popular de Padrón e o Cpto. de España de Maratón.

No medio de tanto Trail, Pista Cuberta, Campo a Través,… , tamén temos os que se inclinan máis pola Ruta, ben sexa nas distancias curtas das Carreiras Populares ou nas longas das Medias Maratóns, Maratóns,… Tal foi a fin de semana pasada, onde algúns atletas do noso Clube optaron polo asfalto …   XIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PADRÓN 2016. Evento organizado pola Concellería de Deportes de Padrón e que tivo lugar na tarde do sábado 20 de Febreiro. Disputáronse carreiras para tódalas categorías con circuitos que percorreron as rúas e a contorna desta vila e nas que puidemos ver...

Unha fin de semana entre Campionatos Galegos.

Pódese dicir que no noso Clube hai verdadeira paixón por este deporte,  pois as inclemencias do tempo que azoutou a  pasada fin de semana toda a nosa xeografía, non foi quen de botar atrás aos nosos atletas. Non houbo proba que non estivese acompañada polo vento, pola choiva, auga neve, saraiba e moito, moito frío. Pero como di o refrán “ó mal tempo boa cara”, e así o fixeron tanto grandes coma pequenos  facendolle fronte a tódalas adversidades, sobre todo disfrutando e que dicir dos logros obtidos, e senon vexan ….   CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS POR...

VIII Media Maratón Coruña 21.

  O pasado domingo día 7 de febreiro, a cidade herculina acolleu a oitava edición da Media Maratón Coruña 21, congregando, aínda con mal tempo, a preto de 1800 corredores para percorrer polas súas rúas os 21,097 Km que compoñen esta proba. Do noso clube concentráronse ás dez da mañá no Obelisco para tomar saída : Nombre Pto Dorsal Categ. T.Oficial Ritmo T.Neto Pto Cat. NEME 21 44 Vet1-M 1:16.18 3.36 1:16.12 5 JOSE 217 311 Vet3-M 1.27.26 4.08 1:27.15 23 J.FANDIÑO 299 146 Vet1-M 1:29.31 4.14 1:29.20 90 ÁLVARO 301 526 Sen-M 1:29.31 4.14 1:29.20 63 DANIEL 368 550...

Outras actuacións do Fontes do Sar nas pasadas fins de semana.

Aínda que xa pasaron algúns días, non podíamos deixar no tinteiro a Nova da participación dun dos nosos atletas na … CARREIRA POPULAR BENÉFICA DE REIS – BARREIROS. Tal foi o caso de Pumi que, o pasado domingo 3 de Xaneiro, se desprazou ata esta localidade para tomar parte desta carreira xunto con outros 52 corredores nunha edición benéfica a prol de UNICEF, completando un percorrido de 12km nun circuito que combinou pistas asfaltadas e camiños de terra compacta. Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat. PUMI 35 125 Sen-M 12000 m 1:00.33 12 Páxina Web Regulamento Resultados Fotos...

A nosa Camiseta Viaxeira por Terras Manchegas.

TROFEO NACIONAL E CAMPIONATO REXIONAL DE MARCHA NO CAMPO DE CRIPTANA (CIUDAD REAL). A nosa Camiseta Viaxeira segue de aventureira, pero desta vez dentro das nosas fronteiras e en máns da nosa pequena gran marchosa Lía. Desprazáronse, ata terras manchegas para disputar o pasado sábado día 16 de Xaneiro o Trofeo Nacional de Marcha  “Villa de los Molinos” de Campo Criptana (Cidade Real), ademáis da nosa representante, un nutrido grupo de marchadores integrados en distintos clubs (Escola de Marcha da Diputación de Pontevedra, Atletismo Cuntis, Escola de Caldas, Vila de Cangas, Comesaña, Friol, Beade, Sekulebedarra Kirol Club, Celta, Lucus, Altletismo...