Etiquetado: Próxima competición

Fase Zonal do Campo a Través en Idade Escolar – XOGADE (Santiago).

Regulamento Fotos Outra modalidade do atletismo que está en plena tempada é a do Campo a Través. Para elo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a AGRUPACIÓN DEPORTIVA “LA PARRA”, en colaboración co Concello e coa Delegación de Atletismo da FGA en Santiago, organizan esta disciplina de CAMPO A TRAVÉS para iniciar aos máis pequenos nesta modalidade a través do programa de XOGADE. O pasado sábado 2 de Decembro os nosos pequenos acudiron á cita para disputar, en xornada de mañá, a 1ª Fase do “Campionato de Campo a Través en Idade Escolar – Xogade” no...

Os maiores na procura das mínimas en Narón.

Seguimos estreando pista, pero desta vez damos paso as categorías superiores da escola así como a algún veterán. Foi o pasado domingo día 26 de Novembro que se desprazaron ata Narón, acompañados polos seus adestradores Luis e Diego, ás pistas do Estadio Municipal de Río Seco para participar no XVI Trofeo Cidade de Narón organizado polo Club de Atletismo Narón, coa colaboración do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo da Delegación de Ferrol así como do Excmo. Concello desta localidade. A xornada desenvolveuse nunha fría pero soleada mañá. O fin, para algúns deles, era o de obter as marcas que lles permitirán meterse...

Na busca das Mínimas para os Campionatos que se aveciñan.

XV TROFEO CIDADE DE NARON Boa actuación a dos nosos rapaces e rapazas nunha fría e soleada mañá. O máis grandes da Escola, acompañados por algún veterán e respaldados polo seu adestrador Luis, desprazáronse ata Narón co fin de obter novas marcas ou mellorar as existentes que lles permitirán acadar os seus obxectivos cara a tempada de Pista Cuberta.     Alí, o Clube de Atletismo Narón organizou, coa colaboración do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo da Delegación de Ferrol, o “XV Trofeo Cidade de Narón” que tivo lugar o pasado sábado 26 de Novembro nas pistas do Estadio Municipal...

Excelente actuación de NERE e CARLITOS no Campionato Galego de Pista A.L.

Volvemos ás competicións de plena tempada, concretamente a Pista A.L. Despois duns meses de duro traballo e intensos entrenos, participando en diversa probas e controis de marcas loitando por una mínima e melloras nas marcas persoais, chegou o momento, para aqueles atletas da nosa Escola que conseguiron meterse no Campionato Galego de Pista A.L e de loitar por un título. CAMPIONATO DE GALICIA CADETE PISTA A.L. Campionato Galego Individual que se disputou o pasado sábado 4 de Xuño nas Pistas do Estadio Municipal de A Malata, en Ferrol. Ata alí desprazouse NERE acompañada polo seu adestrador Luis e arroupada por familiares...

Unímonos a “KILÓMETROS PARA RECORDAR”

O pasado xoves 21 de Abril recibimos nas Instalación do Estadio de San Lázaro unha visita moi especial dos Mayores da Residencia de San Lázaro, xuntanza que serviu para amosar que o deporte pode ser un vínculo de unión entre as distintas xeracións, convertendo, deste xeito, unha tarde de entreno nunha xornada de intercambio onde nenos e maiores compartiron distintas experiencias.     Pero non quedou nunha mera visita, nin nunha simple tarde de boa compaña; con este encontro quixemos dar comezo a unha causa tan importante como a de sumarnos ó reto solidario “Kilómetros para recordar – 2ª Edición” impulsado pola Fundación...

A nosa participación nos Trails dos últimos 15 días.

Como ben sabemos tod@s, o trail é unha modalidade do running que ten a particularidade de que o trazado discorre por zonas de monte combinando a dureza do percorrido coa natureza e coa beleza paisaxística. E coas últimas referencias que xa fixemos desta modalidade, é evidente que xa comezamos a tempada dos Trails e que cada vez son máis os que enchen os calendarios dos afeccionados a esta modalidade habéndoos para tódolos gustos, tanto en diversidade paisaxística como en dureza. Son tantos os eventos que xorden deste tipo que ás veces dificulta a decisión por cal decantarse, pero quenes sí...

V Cross Río Liñares 2016-A Estrada.

Outra modalidade que está próxima a chegar ao seu fin nas vindeiras fins de semana coa disputa do Campionato Provincial e do Campionato Galego nas categorías Escolares, e do Campionato Galego para os Veteráns, é o Cross-Campo a Través. Pero xa antes houbo algunha competición deste tipo como foi o caso da fin de semana pasada co  “V Cross Río Liñares 2016” que tivo lugar o sábado 27 de Febreiro nunha desapracible tarde e nun terreo enchoupado case intransitable de terra e de herba dentro do recinto da Sociedade Deportiva Rio Ulla.   Carreira incluída e coa que deu comezo...

Campionato Galego de Pista Cuberta para os Veteráns e Xuvenís do Clube.

Volvemos ás competicións de plena tempada, concretamente a Pista Cuberta. Despois duns meses de duro traballo e intensos entrenos, participando en diversa probas e controis de marcas loitando por una mínima e melloras nas marcas persoais, chegou o momento, para aqueles que se fixeron un oco no Campionato Galego de P.C., de loitar por un título. A fin de semana pasada O Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña acollía dito evento en dúas xornadas consecutivas, na xornada do sábado día 27 de Febreiro disputábase o …   CPTO. DE GALICIA XUVENIL/JUNIOR DE PISTA CUBERTA. no que contamos coa...

Santisky en el “Trofeo Centenario Comesaña Sporting Club”.

  Seguimos en pista, de esta vez en el “Trofeo Centenario Comesaña Sporting Club” que se celebró el pasado domingo 14 de Junio en las Pistas del Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos – Vigo, y en el que participó Santisky para mejorar su marca en el 5000 m.l. Obviamente los resultados fueron los esperados, cuando hace apenas 15 días que se estrenó en esta modalidad y en la que se proclamó Subcampeón Gallego Xuvenil en Pista A.L. Nombre Prueba Categoria Posición Marca MMP Rec. CLUB SANTISKY 5000 m.l. XuvM 8 17:20.78 MMP   Reglamento Resultados   Pero no termina...