Etiquetado: Pista cubierta

NERE, Campiona Galega Absoluta no 60 ml.

O pasado sábado 21 tivo lugar no Módulo Cuberto de Gregorio Pérez Rivera de Lugo unha nova edición do Campionato Absoluto de Galicia PC dos 60 ml. e 60 m. valados contando cunha importante participación de atletas destas disciplinas achegados dende varios recunchos da nosa Comunidade que se verían na loita polo título galego. A gran cita da velocidade galega, que se disputou en xornada de tarde, contou coa presenza dalgúns dos millores especialistas galegos como Jean Marie Okutu, Pablo Comendador, José Ignacio Tomás, Teresa Rodríguez Miguelez, …. entre outros, e como cabía esperar, os nosos velocistas CARLOS e NERE...

Na busca das Mínimas para os Campionatos que se aveciñan.

XV TROFEO CIDADE DE NARON Boa actuación a dos nosos rapaces e rapazas nunha fría e soleada mañá. O máis grandes da Escola, acompañados por algún veterán e respaldados polo seu adestrador Luis, desprazáronse ata Narón co fin de obter novas marcas ou mellorar as existentes que lles permitirán acadar os seus obxectivos cara a tempada de Pista Cuberta.     Alí, o Clube de Atletismo Narón organizou, coa colaboración do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo da Delegación de Ferrol, o “XV Trofeo Cidade de Narón” que tivo lugar o pasado sábado 26 de Novembro nas pistas do Estadio Municipal...

NERE leva ó Fontes do Sar ó Nacional de Pista Cuberta.

  Un grandioso 10º posto para Nere no seu primeiro Campionato de España Cadete Pista Cuberta. Quen puso a guinda para rematar a tempada de Pista Cuberta por todo o alto foi Nere coa súa participación no Campionato de España Cadete que se celebrou a pasada fin de semana no Pazo Municipal dos Deportes de Oviedo (Asturias), o seu primeiro Campionato de este calibre. Ata alí levou a nosa Camiseta Viaxeira acompañada polo adestrador Luis e familiares, puidendo gozar deste evento que se desenvolveu ó longo das dúas xornadas (sábado 12 e domingo 13 de Marzo). Foi notable a súa...

Seis metais no Campionato de Galicia de Pista Cuberta para o Atletismo Fontes do Sar.

  Os nosos atletas Xabi e Carlitos que na última fin de semana do mes de Febreiro disputaron o Campionato Galego de Pista Cuberta, cedíanlle o testigo ás categorías inferiores dándolle paso así a numeros@s atletas da nosa Escola que conseguiron meterse no Campionato Galego de Pista Cuberta despois duns meses de duro traballo e de obter as mínimas en diversas probas e controis de marcas  que se disputaron ata o momento. Excelente actuación a dos atletas do Fontes do Sar neste Campionato para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete que se disputaron a fin de semana  do 5 e...

Campionato Galego de Pista Cuberta para os Veteráns e Xuvenís do Clube.

Volvemos ás competicións de plena tempada, concretamente a Pista Cuberta. Despois duns meses de duro traballo e intensos entrenos, participando en diversa probas e controis de marcas loitando por una mínima e melloras nas marcas persoais, chegou o momento, para aqueles que se fixeron un oco no Campionato Galego de P.C., de loitar por un título. A fin de semana pasada O Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña acollía dito evento en dúas xornadas consecutivas, na xornada do sábado día 27 de Febreiro disputábase o …   CPTO. DE GALICIA XUVENIL/JUNIOR DE PISTA CUBERTA. no que contamos coa...

Na procura das últimas marcas para os Campionatos de Pista Cuberta.

Cos Campionatos de Pista Cuberta á volta da esquina e porque aínda estamos a tempo para a procura de mellores marcas, dous dos nosos atletas acudiron esta pasada fin de semana a distintos controis de marcas que se disputaron na nosa Comunidade a probar sorte, como foi o caso de Xavi e de Sofi D. CONTROL DE MARCAS “CORUÑA CORRE” EN PISTA. Tivo lugar na tarde do venres 19 de Febreiro nas Pistas de Atletismo de Elviña na Coruña; Ata alí desprazouse Xavi para conseguir unha marca no 200 ml que lle permitirá disputar o Campionato Galego de Veteráns de...

Fontes do Sar en busca de Mellores Marcas para Pista Cuberta.

  Porque algúns aínda non tiveron a oportunidade de conseguir marcas, outros buscaban mellorar as existentes ou mesmo probar novas modalidades dentro do que nos ofrece o atletismo, atletas da nosa Escola acudiron ó Control de Marcas que se celebrou na tarde do venres día 5 de Febreiro  nas Pistas de Atletismo do Estadio Universitario de Santiago de Compostela, tendo en conta a proximidade do Campionato Galego de Pista Cuberta que se celebrará o próximo mes de marzo nas Pistas Cubertas do Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña.  E non foi en balde, pois ademais de moitas melloras...

Os máis pequenos na Pista Cuberta e no Campo a Través.

Seguindo cos nosos pequenos de protagonistas, imos ver que deu de sí as dúas derradeiras  fins de semana nas que participaron en dúas modalidades ben distintas pero de plena tempada, como son a Pista Cuberta e o Campo a Través : FINAL DA LIGA GALEGA ESCOLAR FEDERADA EN PISTA CUBERTA. Celebrado o pasado sábado 16 de Xaneiro nas Pistas Cubertas do Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña en xornada de mañá para as categorías Benxamín e Alevín, e en xornada de tarde para a categoría Infantil. Ata alí desprazouse un numeroso grupo da nosa escola, xa que tivemos...

I Trofeo de Nadal Verxel Indoor – Lugo

    Tres atletas da nosa Escola desprazáronse o pasado domingo día 20 de Decembro ata Lugo, para participar no “I Trofeo Nadal Verxel Indoor” que se disputou no Módulo Cuberto do Estadio Municipal Gregorio Pérez acompañados polo seu adestrador Luis, co afán de mellorar as súas marcas. Baixo as miradas atentas de tódolos que alí estaban, déronno todo para conseguir os seus obxectivos e estes foron os resultados :   60 mv Cadete Masculino Pto. Cat. Nombre MM Ant. Marca MMP Rec.Club 6 MANUEL 11.91 11.95 – –   Altura Absoluto Masculino Pto. Cat. Nombre MM Ant. Marca MMP Rec.Club...

Boa actuación a dos nosos rapaces e rapazas no “XIV Trofeo Cidade de Narón”.

  Os nosos pequenos, non tan pequenos, desprazáronse este sábado 28 de Novembro ata Narón, acompañados polo seu entrenador Luis e o presidente do Clube José Antonio Juanatey, para participar no “XIV Trofeo Cidade de Narón”, que se disputou en xornada de mañá no Estadio de Río Seco, co fin de obter novas marcas ou mellorar as existentes que lles permitirán acadar os seus obxectivos cara a tempada de Pista Cuberta. E así foi, non hai máis que ver os resultados, onde sí se melloraron moitas marcas e estableceron novos Recors do Clube : 60 ml Infantil Masculino Pto. Cat. Nombre MM...