Etiquetado: Media Maratón

XUNO DE 2017

Xuño de 2017 Atrás quedou o mes do solsticio de verán, con tempo solleiro e temperaturas en demasía, rematou o colexio, as actividades extraescolares e os adestramentos; demos a benvida a estación pola que agardamos todo o ano. Gozamos da noite máis máxica, a do san Xoán, e tamén corremos moito, quilómetros a gusto de todos, ben feitos, pouco feitos, volta e volta … imos ver.   IV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE ZAS . V CIRCUÍTO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA. IV CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE SÁBADO, 03 DE XUÑO DE 2017. Concello de Zas Distancia: alevín 1000m...

MAIO 2017

 Foi un mes cheo de emocións e, a III edición da Santyago foi sin dubida o máis salientable deste mes que xa rematou. Pero moitos foron os quilómetros que os nosos atletas acumularon a longo deste maio solleiro. Quilómetros de asfalto, en Arteixo, en Frades, en Mazaricos, en Outes, en Lugo… Quilómetros de monte, no Ultra de Cerveira, no Galaica da Pobra, nos Picos de Europa… Quilómetros solidarios, no Campus na Nube, ou na carreira pola Esclerosis Múltiple. Quilómetros pola lingua na carreira das letras. Quilómetros costa arriba, moi costa arriba na subida a Covadonga. Quilómetros pola area na carreira...

UN ABRIL PARA O RECORDO.

Cando xa maio vai polo seu ecuador  poñemos resumo do feito en abril. Temos que pedir desculpas polo retraso pero os frontes abertos son moitos e as horas poucas. Non son tan poucas as  que empregan os nosos  corredores, que non paran: maratóns, medias, carreiras infinitas, e as cabras montesiñas que desta volta chegaron hasta o europeo. Todas e cada unha das participacións teñen moito mérito pero, ás veces abráiamonos porque a nosa xente fai cousa grandiosas. Mención especial para Mario R. que nos representou no europeo de Montaña, acadando un resultado espectacular. E como non, tamén mención para as...

CROSS, TRAIL, MEDIAS…

  Febreiro dou comezo forte, as dúas primeiras semanas deron para facer cross, trail , medias… Visitamos Cataluña da man de Moure, a Portugal leváronnos Pumi, Saky e Fon. Cada vez as nosas cores vanse máis lonxe!. O trail e as medias foron as disciplinas estrela desta quincena; será que a xente sabe que se achega o entroido e anda a facerlle sitio ás filloas, ás orellas e aos cocidos no bandullo. Pois a queimar que toca. Imos co resumo: CROSS DE A  BAÑA LUGAR: CONCELLO DE A BAÑA DATA: 05 DE FEBREIRO DE 2017 O Concello de A Baña...

ATRÁS DEIXAMOS XANEIRO.

Atrás deixamos o mes de xaneiro, Peterhansel gañou o Dakar en coches, a liga de fútbol pechou  o mercado de inverno, Federer gañoulle a Nadal o Open de Australia, e os do Fontes do Sar cada día dan máis guerra, porque cada día son máis e mellores. Este xaneiro deixounos quilómetros de asfalto de pista e de monte, deixounos podios, mellores marcas, clasificacións,… deixounos éxitos e derrotas , algunhas pequenas lesións que de seguro non serán nada. Imos co resumo: CARREIRA:VI CROSS DOS MENHIRES DATA: 21 DE XANEIRO DE 2017 .12:30H DISTANCIA:  6,15 km. LUGAR:  SAÍDA PRAZA DE ESPAÑA Os...

ARRANCAMOS DECEMBRO.

ARRANCAMOS DECEMBRO   A media maratón foi a distancia preferida para este primeiro fin de semana de Nadal. Algúns fóronse ao sur da comunidade para correr pola cidade Olívica e outros ao norte para patear pola comarca de Ferrol Terra. No medio e medio quedáronse os que foron ao mar de Boiro.   XII CARREIRA POPULAR “MAR DE BOIRO” 10º Memorial Pepe Buceta. 04 DE DECEMBRO DE 2016 Distancias: 10 km absoluta // escolares 2,5 km // minis 200 metros. BOIRO – A CORUÑA Organizada polo departamento de deportes do Concello de Boiro. O pasado 4 de decembro realizouse en...

Disfrutando coa Corta, Media e Larga distancia en Ruta.

No noso Clube sabemos disfrutar deste deporte. Non pasa unha fin de semana en que non sintamos a necesidade de correr, de brincar, de andar, de calquera xeito, de mover o corpo, no importa se por pista, por monte, por asfalto, simplemente eso, CORRER e, sobre todo, disfrutar …. XVII MEDIO MARATÓN GRAN BAHÍA VIG-BAY. Seis dos nosos atletas desprazáronse o pasado domingo día 10 de Abril a Vigo para participar no “XVII Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay”; proba en ruta cun traxecto de 21,097 km homologados pola RFEA que discurren paralelo á costa entre Vigo e Bayona. Un total de...

Un oco para a Ruta.

Deixando un pouco os Trails a un lado, ímoslles dedicar tamén un pouco de tempo a aqueles que se decantan pola Ruta, que aínda que non sexan as competicións máis abundantes nestes intres, algunha sempre hai … IV MEDIA MARATÓN DE O CARBALLIÑO. O pasado domingo 6 de Marzo  disputouse de forma simultánea no concello de Carballiño a “IV Media Maratón do Carballiño” e a “I Carreira Corta de 7 Km”. En torno ás 10:30h, con saida na Avenida Balneario, atopábamos a Neme disputando a Media Maratón dando tres voltas a un circuito ata completar os 21,097 km da proba,...

Fin de semana disfrutando nas alturas a pesares do mal tempo.

E se os nosos pequenos a semana pasada o tiveron complicado coa climatoloxía, que dicir dos nosos Correcamiños …. IV CARREIRA DA FILLOA DE LESTEDO-SUBIDA Ó PICO SACRO que sen importarlles o tempo,  aventuráronse ás alturas transcurrindo por corredoiras e camiños embarrados e cheos de fochangas, e con fortes pendentes, a máis de ter que loitar contra a chuvia, o vento e o frío, que fixo dela unha proba moi dura. Proba dilo témolo neste  VÍDEO pero aínda con esas, non se renderon e fixéronlle fronte aos 9500 m de percorrido … Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial LUIS 65 1266...

VIII Media Maratón Coruña 21.

  O pasado domingo día 7 de febreiro, a cidade herculina acolleu a oitava edición da Media Maratón Coruña 21, congregando, aínda con mal tempo, a preto de 1800 corredores para percorrer polas súas rúas os 21,097 Km que compoñen esta proba. Do noso clube concentráronse ás dez da mañá no Obelisco para tomar saída : Nombre Pto Dorsal Categ. T.Oficial Ritmo T.Neto Pto Cat. NEME 21 44 Vet1-M 1:16.18 3.36 1:16.12 5 JOSE 217 311 Vet3-M 1.27.26 4.08 1:27.15 23 J.FANDIÑO 299 146 Vet1-M 1:29.31 4.14 1:29.20 90 ÁLVARO 301 526 Sen-M 1:29.31 4.14 1:29.20 63 DANIEL 368 550...