Etiquetado: Marcha

LÍA e NERE, dúas atletas destacables en dúas modalidades diferentes.

Tras a gran sobredose de competicións en Ruta, que tal un pouco de Pista? Como ben sabedes os nosos peques xa están a pleno gas preparando as competicións que se aveciñan. Cando uns xa se estrearon, como é o caso de NERE e LÍA , outros están a puntiño coa “V Liga Galega Escolar Federada-ABANCA” que se iniciará esta fin de semana en Ferrol e á que acudirán numerosos atletas do noso Clube das categorías Benxamín, Alevín e Infantil. Pero deixando de lado o que está por vir, ímonos a centrar nos dous acontecementos que si tiveron lugar:   CONCENTRACIÓN...

Unha fin de semana entre Campionatos Galegos.

Pódese dicir que no noso Clube hai verdadeira paixón por este deporte,  pois as inclemencias do tempo que azoutou a  pasada fin de semana toda a nosa xeografía, non foi quen de botar atrás aos nosos atletas. Non houbo proba que non estivese acompañada polo vento, pola choiva, auga neve, saraiba e moito, moito frío. Pero como di o refrán “ó mal tempo boa cara”, e así o fixeron tanto grandes coma pequenos  facendolle fronte a tódalas adversidades, sobre todo disfrutando e que dicir dos logros obtidos, e senon vexan ….   CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS POR...

A nosa Camiseta Viaxeira por Terras Manchegas.

TROFEO NACIONAL E CAMPIONATO REXIONAL DE MARCHA NO CAMPO DE CRIPTANA (CIUDAD REAL). A nosa Camiseta Viaxeira segue de aventureira, pero desta vez dentro das nosas fronteiras e en máns da nosa pequena gran marchosa Lía. Desprazáronse, ata terras manchegas para disputar o pasado sábado día 16 de Xaneiro o Trofeo Nacional de Marcha  “Villa de los Molinos” de Campo Criptana (Cidade Real), ademáis da nosa representante, un nutrido grupo de marchadores integrados en distintos clubs (Escola de Marcha da Diputación de Pontevedra, Atletismo Cuntis, Escola de Caldas, Vila de Cangas, Comesaña, Friol, Beade, Sekulebedarra Kirol Club, Celta, Lucus, Altletismo...

Fin de Semana en Pista coa “Liga Escolar Federada” e o “Campionato Galego de Marcha de Inverno”.

  Fin de semana complicada en canto a condicións meteorolóxicas se refire. O tempo estival acompañou aos nosos pequenos que acudiron, o pasado sábado 21 de Novembro, á cita coa Fase Clasificatoria da Liga Escolar Federada, que tivo lugar, en xornada de mañá, no Estadio Municipal de A Malata en Ferrol e reuniu ás categorías Benxamín, Alevín e Infantil da Zona Norte (Coruña e Lugo). Pese ó mal tempo, os nosos pequenos puxeron tódalas súas ganas para acadar os mellores postos, polo que valoraremos dobremente o seu esforzó, quedando a clasificación da seguinte maneira : 1º Posto, o Equipo Alevín...