Etiquetado: Cross

Rematamos a tempada de Campo a Través e de Marcha de Inverno.

Aquí estamos de novo!!! Pregamos disculpas aos nosos seguidores. Retomando a nosa función de mantervos informados, faremos un reconto do acontecido na nosa Escola repasando todas aquelas competicións nas que os nosos atletas foron protagonistas, que non foron poucas, tanto en Pista como en Campo a Través.   A nosa derradeira nova facía referencia a unha das modalidades que estivo en pleno auxe nestas datas, referímonos ó Campo a Través que, mediante o PROGRAMA XOGADE quere achegar aos máis pequenos esta disciplina dentro do atletismo. Disputadas as Fases previas … ZONAL (click aquí para ver a Nova Referida) e INTERCOMARCAL...

Fase Zonal do Campo a Través en Idade Escolar – XOGADE (Santiago).

Regulamento Fotos Outra modalidade do atletismo que está en plena tempada é a do Campo a Través. Para elo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a AGRUPACIÓN DEPORTIVA “LA PARRA”, en colaboración co Concello e coa Delegación de Atletismo da FGA en Santiago, organizan esta disciplina de CAMPO A TRAVÉS para iniciar aos máis pequenos nesta modalidade a través do programa de XOGADE. O pasado sábado 2 de Decembro os nosos pequenos acudiron á cita para disputar, en xornada de mañá, a 1ª Fase do “Campionato de Campo a Través en Idade Escolar – Xogade” no...

ATRÁS DEIXAMOS XANEIRO.

Atrás deixamos o mes de xaneiro, Peterhansel gañou o Dakar en coches, a liga de fútbol pechou  o mercado de inverno, Federer gañoulle a Nadal o Open de Australia, e os do Fontes do Sar cada día dan máis guerra, porque cada día son máis e mellores. Este xaneiro deixounos quilómetros de asfalto de pista e de monte, deixounos podios, mellores marcas, clasificacións,… deixounos éxitos e derrotas , algunhas pequenas lesións que de seguro non serán nada. Imos co resumo: CARREIRA:VI CROSS DOS MENHIRES DATA: 21 DE XANEIRO DE 2017 .12:30H DISTANCIA:  6,15 km. LUGAR:  SAÍDA PRAZA DE ESPAÑA Os...

COMENZA O INVERNO

3º SEMANA DE DECEMBRO Entre ceas, carreiras, quedadas, adestramentos e eventos varios case nin nos decatamos que deixamos atrás o ecuador de Decembro. Esta fin de semana os miúdos correron o sábado no Campionato Escolar de Campo a través na Alameda de Santiago de Compostela e algúns fixeron dobre e foron a Touro pola tarde. O domingo unha das citas máis agardadas da tempada a SIN- SON e pola tarde cross en Ordes para os que aínda lles quedaban folgos na faltriqueira. Unha semana de emocións e divertimento, 0 venres 16 celebrouse a cea “ da empresa” no Restaurante Castro,...

Poñemos fin á tempada de Cross-Campo a Través.

CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS VETERÁNS. Na maña do pasado domingo día 6 de Marzo  disputouse en  Fene o Campionato de Galicia de Campo a través de Veteráns. A proba desenvolveuse  nun circuito marcado no barrio de San Valentín. Acudiron á cita atletas dende 35 anos en diante que se atoparon cun terreo moi brando convertido pola choiva en intransitable. Pero iso non foi impedimento para o noso atleta Mario R. … Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat. MARIO R. 32 1093 M-35  7.300 m 34.19 16 … capaz de superar calquera obstáculo que atopaba no...

V Cross Río Liñares 2016-A Estrada.

Outra modalidade que está próxima a chegar ao seu fin nas vindeiras fins de semana coa disputa do Campionato Provincial e do Campionato Galego nas categorías Escolares, e do Campionato Galego para os Veteráns, é o Cross-Campo a Través. Pero xa antes houbo algunha competición deste tipo como foi o caso da fin de semana pasada co  “V Cross Río Liñares 2016” que tivo lugar o sábado 27 de Febreiro nunha desapracible tarde e nun terreo enchoupado case intransitable de terra e de herba dentro do recinto da Sociedade Deportiva Rio Ulla.   Carreira incluída e coa que deu comezo...

Santi coa Selección Galega no Campionato de España de Campo a Través Escolar.

Felicitar a un dos nosos adestradores, Santi López Canicoba (Amobla), que foi escollido pola FGA para acompañar á Selección Galega de Campo a Través Escolar (Cadetes e Xuvenís) a Burgos, onde se disputou o Campionato de España desta modalidade, o pasado domingo día 21 de Febreiro, acadando o Bronce co Equipo Cadete Masculino. ¡¡NORABOA!!    

Unha fin de semana entre Campionatos Galegos.

Pódese dicir que no noso Clube hai verdadeira paixón por este deporte,  pois as inclemencias do tempo que azoutou a  pasada fin de semana toda a nosa xeografía, non foi quen de botar atrás aos nosos atletas. Non houbo proba que non estivese acompañada polo vento, pola choiva, auga neve, saraiba e moito, moito frío. Pero como di o refrán “ó mal tempo boa cara”, e así o fixeron tanto grandes coma pequenos  facendolle fronte a tódalas adversidades, sobre todo disfrutando e que dicir dos logros obtidos, e senon vexan ….   CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS POR...

Xornada dedicada ao Campo a Través.

Xornada dedicada ao Campo a Través, a da mañá do domingo día 31 de Xaneiro na localidade de Friol, onde se celebrou o Campionato de Galicia de Cross Corto por Clubes, así como o Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil de Campo a Través Individual e por Equipos e o Memorial Alejandro Lorenzo de Campo a Través. En representación do noso Clube  acudiron, a estas citas, cinco atletas da nosa Escola que participaron no … CPTO. DE GALICIA CADETE/XUVENIL INDIV. E CLUBES DE CROSS. Nombre Prueba Categ. Posición MM Ant. Marca MMP Rec. Club SANTISKY 5000 m Xuv-M 32 20.06...

Outras actuacións do Fontes do Sar nas pasadas fins de semana.

Aínda que xa pasaron algúns días, non podíamos deixar no tinteiro a Nova da participación dun dos nosos atletas na … CARREIRA POPULAR BENÉFICA DE REIS – BARREIROS. Tal foi o caso de Pumi que, o pasado domingo 3 de Xaneiro, se desprazou ata esta localidade para tomar parte desta carreira xunto con outros 52 corredores nunha edición benéfica a prol de UNICEF, completando un percorrido de 12km nun circuito que combinou pistas asfaltadas e camiños de terra compacta. Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat. PUMI 35 125 Sen-M 12000 m 1:00.33 12 Páxina Web Regulamento Resultados Fotos...