Etiquetado: Club

Un oco para a Ruta.

Deixando un pouco os Trails a un lado, ímoslles dedicar tamén un pouco de tempo a aqueles que se decantan pola Ruta, que aínda que non sexan as competicións máis abundantes nestes intres, algunha sempre hai … IV MEDIA MARATÓN DE O CARBALLIÑO. O pasado domingo 6 de Marzo  disputouse de forma simultánea no concello de Carballiño a “IV Media Maratón do Carballiño” e a “I Carreira Corta de 7 Km”. En torno ás 10:30h, con saida na Avenida Balneario, atopábamos a Neme disputando a Media Maratón dando tres voltas a un circuito ata completar os 21,097 km da proba,...

A nosa participación nos Trails dos últimos 15 días.

Como ben sabemos tod@s, o trail é unha modalidade do running que ten a particularidade de que o trazado discorre por zonas de monte combinando a dureza do percorrido coa natureza e coa beleza paisaxística. E coas últimas referencias que xa fixemos desta modalidade, é evidente que xa comezamos a tempada dos Trails e que cada vez son máis os que enchen os calendarios dos afeccionados a esta modalidade habéndoos para tódolos gustos, tanto en diversidade paisaxística como en dureza. Son tantos os eventos que xorden deste tipo que ás veces dificulta a decisión por cal decantarse, pero quenes sí...

V Cross Río Liñares 2016-A Estrada.

Outra modalidade que está próxima a chegar ao seu fin nas vindeiras fins de semana coa disputa do Campionato Provincial e do Campionato Galego nas categorías Escolares, e do Campionato Galego para os Veteráns, é o Cross-Campo a Través. Pero xa antes houbo algunha competición deste tipo como foi o caso da fin de semana pasada co  “V Cross Río Liñares 2016” que tivo lugar o sábado 27 de Febreiro nunha desapracible tarde e nun terreo enchoupado case intransitable de terra e de herba dentro do recinto da Sociedade Deportiva Rio Ulla.   Carreira incluída e coa que deu comezo...

Campionato Galego de Pista Cuberta para os Veteráns e Xuvenís do Clube.

Volvemos ás competicións de plena tempada, concretamente a Pista Cuberta. Despois duns meses de duro traballo e intensos entrenos, participando en diversa probas e controis de marcas loitando por una mínima e melloras nas marcas persoais, chegou o momento, para aqueles que se fixeron un oco no Campionato Galego de P.C., de loitar por un título. A fin de semana pasada O Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña acollía dito evento en dúas xornadas consecutivas, na xornada do sábado día 27 de Febreiro disputábase o …   CPTO. DE GALICIA XUVENIL/JUNIOR DE PISTA CUBERTA. no que contamos coa...

Fontes do Sar na Gala do III Circuito Provincial De Carreiras Populares da Deputación de A Couña.

Na tarde do pasado venres 26 de Febreiro celebrouse na Sala de Prensa Juanjo Gallo da Deputación de A Coruña, sita na Cidade Herculina, a “Gala do III Circuito Provincial De Carreiras Populares da Deputación de A Couña”. Acto ao que asistiron atletas do noso Clube que foron premiados pola súa participación nas distintas carreiras que compoñen o circuito obtendo os seguintes resultados : Clasificación Final Individual Nombre Pto Categ. Puntos SOFI D. 1 Benx-F 117 ÁNGELA 3 Alev-F 88 IAGO P. 3 Cad-M 129   Clasificación Final por Clubes Nombre Pto Puntos Cat. Esc. Fem. 1 4.991 Cat. Esc. Masc....

Un oco para a Ruta coa Carreira Popular de Padrón e o Cpto. de España de Maratón.

No medio de tanto Trail, Pista Cuberta, Campo a Través,… , tamén temos os que se inclinan máis pola Ruta, ben sexa nas distancias curtas das Carreiras Populares ou nas longas das Medias Maratóns, Maratóns,… Tal foi a fin de semana pasada, onde algúns atletas do noso Clube optaron polo asfalto …   XIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PADRÓN 2016. Evento organizado pola Concellería de Deportes de Padrón e que tivo lugar na tarde do sábado 20 de Febreiro. Disputáronse carreiras para tódalas categorías con circuitos que percorreron as rúas e a contorna desta vila e nas que puidemos ver...

Na procura das últimas marcas para os Campionatos de Pista Cuberta.

Cos Campionatos de Pista Cuberta á volta da esquina e porque aínda estamos a tempo para a procura de mellores marcas, dous dos nosos atletas acudiron esta pasada fin de semana a distintos controis de marcas que se disputaron na nosa Comunidade a probar sorte, como foi o caso de Xavi e de Sofi D. CONTROL DE MARCAS “CORUÑA CORRE” EN PISTA. Tivo lugar na tarde do venres 19 de Febreiro nas Pistas de Atletismo de Elviña na Coruña; Ata alí desprazouse Xavi para conseguir unha marca no 200 ml que lle permitirá disputar o Campionato Galego de Veteráns de...

Outras actuacións do Fontes do Sar nas pasadas fins de semana.

Aínda que xa pasaron algúns días, non podíamos deixar no tinteiro a Nova da participación dun dos nosos atletas na … CARREIRA POPULAR BENÉFICA DE REIS – BARREIROS. Tal foi o caso de Pumi que, o pasado domingo 3 de Xaneiro, se desprazou ata esta localidade para tomar parte desta carreira xunto con outros 52 corredores nunha edición benéfica a prol de UNICEF, completando un percorrido de 12km nun circuito que combinou pistas asfaltadas e camiños de terra compacta. Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat. PUMI 35 125 Sen-M 12000 m 1:00.33 12 Páxina Web Regulamento Resultados Fotos...

Coas zapatillas postas no Nadal.

Había que rematar o ano da mellor maneira posible e, os que temos afección polo running, ben sabemos como facelo. No medio de tódolos festexos, quen non atopou un oco para calzar as zapatillas? Inmersos en pleno Nadal, moitos seguirían coas súas saidiñas diarias para contrarestar as comilonas desas datas mantendo os entrenos, namentres outros non dubidaron en participar nalgunha que outra competición. Na derradeira fin de semana do mes pasado, alguns dos nosos atletas participaron en distintos eventos tales como …. V CARREIRA POPULAR DO NADAL 2015 “CAMPO A TRAVES” – RIVEIRA. Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo...