Etiquetado: Club

Na busca das Mínimas para os Campionatos que se aveciñan.

XV TROFEO CIDADE DE NARON Boa actuación a dos nosos rapaces e rapazas nunha fría e soleada mañá. O máis grandes da Escola, acompañados por algún veterán e respaldados polo seu adestrador Luis, desprazáronse ata Narón co fin de obter novas marcas ou mellorar as existentes que lles permitirán acadar os seus obxectivos cara a tempada de Pista Cuberta.     Alí, o Clube de Atletismo Narón organizou, coa colaboración do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo da Delegación de Ferrol, o “XV Trofeo Cidade de Narón” que tivo lugar o pasado sábado 26 de Novembro nas pistas do Estadio Municipal...

CIRCUITO CORRE-SAN 2016

NON DEIXES QUE O MAÑAN SE CONVIRTA EN NUNCA. CORRE Un ano máis moitos foron os membros do Clube que disfrutaron do circuíto de carreiras saudables   CORRESAN , programa de carreiras a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu Departamento de Deportes. O fin deste circuíto é o de  concienciar sobre os beneficios  que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida de todos aqueles que se animen a practicar. O circuíto constou de catro probas. •             30 de XULLO : CORRESAN RUTA DA PRATA- ANGROIS....

Dous dos nosos adestradores amplían a súa Formación co Curso de “Adestrador Nacional de Atletismo”.

  O pasado 9 de Setembro daba comezo en Santiago de Compostela o Curso de “Adestrador Nacional de Atletismo de Nivel III” organizado pola Escola Nacional de Adestradores da Federación Española de Atletismo e impartido por adestradores e docentes do máximo nivel ao que ó atletismo se refire.     Curso que concede a máxima titulación de adestrador de atletismo en España e no que están a participar, ilusionados ante este novo reto, Diego Pazos Saínza e Santiago López Canicoba, adestradores do Club Atletismo Fontes do Sar, para recibir a formación necesaria xunto con outros 28 participantes, atletas moi salientables do...

¡¡REMATARON AS VACACIÓNS!! COMEZAMOS REMEMORANDO…

¡¡XA ESTAMOS AQUÍ!! ¡¡REMATARON AS VACACIÓNS PARA DAR COMEZO A UNHA NOVA TEMPADA!! Benvidos a todos de novo!! Esperamos que desfrutárades do verán e veñades coas pilas ben cargadas desexando retornar á rutina e dar comezo a unha nova tempada de adestramentos con novos compañeiros, novas categorías, novas competicións, …. Moitos iniciaranse neste deporte, polo que dende o Clube queremos darlles a benvida, onde os acolleremos gustosamente como novos membros da nosa gran familia desexando que disfruten non só de todo o que poida aportar este deporte, senon do bo ambiente e compañerismo, porque non só compartimos afección, senon eventos,...

Gran éxito para o I Campus de Verán “Atletismo Fontes do Sar”.

  Xa rematou a semana na que tivemos a honra de celebrar o I Campus de Verán “Atletismo Fontes do Sar” organizado polo noso Club para achegar aos máis pequenos a actividade que desempeñamos e facelos partícipes levando a cabo a práctica das distintas modalidades do atletismo, rematando coa entrega dun pequeno obsequio e dun diploma que acredita a súa participación.     Para non perder detalle do desenvolvemento desta actividade, como sempre, fun testemuña a pé de pista detrás do obxectivo da miña cámara, para así achegarvos algúns momentos desas xornadas e o ben que o pasaron…    ...

Unha de Trails …

9ª ANDAINA ”BISBARRA DO SAR” CONCELLOS DE PADRÓN E ROIS.  A 9ª Andaina Bisbarra do Sar, é a primeira proba da tempada da Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo, organizada pola Asociación Colectivo Remonte, Concello de Padrón e Concello de Rois e incluída no calendario das probas de “50 Quilómetros” en Galicia. Celebrouse o pasado 9 de Abril onde os participantes se reuniron en línea de saída en torno ás 9:00 da maña na Praza de Macías de Padrón, dende onde arrancou a proba que contou con dúas modalidades: Andaina (andando) ou ultratrail (correndo).   As Terras de Iria...

Unímonos a “KILÓMETROS PARA RECORDAR”

O pasado xoves 21 de Abril recibimos nas Instalación do Estadio de San Lázaro unha visita moi especial dos Mayores da Residencia de San Lázaro, xuntanza que serviu para amosar que o deporte pode ser un vínculo de unión entre as distintas xeracións, convertendo, deste xeito, unha tarde de entreno nunha xornada de intercambio onde nenos e maiores compartiron distintas experiencias.     Pero non quedou nunha mera visita, nin nunha simple tarde de boa compaña; con este encontro quixemos dar comezo a unha causa tan importante como a de sumarnos ó reto solidario “Kilómetros para recordar – 2ª Edición” impulsado pola Fundación...

Disfrutando coa Corta, Media e Larga distancia en Ruta.

No noso Clube sabemos disfrutar deste deporte. Non pasa unha fin de semana en que non sintamos a necesidade de correr, de brincar, de andar, de calquera xeito, de mover o corpo, no importa se por pista, por monte, por asfalto, simplemente eso, CORRER e, sobre todo, disfrutar …. XVII MEDIO MARATÓN GRAN BAHÍA VIG-BAY. Seis dos nosos atletas desprazáronse o pasado domingo día 10 de Abril a Vigo para participar no “XVII Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay”; proba en ruta cun traxecto de 21,097 km homologados pola RFEA que discurren paralelo á costa entre Vigo e Bayona. Un total de...

Semana Santa entre Carreiras.

Tras unha breve pausa, procedemos a actualizar a información retomando, pola nosa parte, o pracer de mantelos ó día con todo aquilo que ocorre en relación co atletismo e o noso Clube. Algunhas desas citas xa quedaron algo atrás, pero terémolas en conta de tódolos xeitos. Remontámonos á Semana Santa, que a pesares de ser datas festivas de carácter relixioso (para moitos vacacións), sempre atopamos un bó momento para calzar as zapatillas ben sexa para saír a rodar un anaco como para participar nas diversas citas que atopamos no calendario. Para celebrar o día de San Xosé, nada menos que...

Poñemos fin á tempada de Cross-Campo a Través.

CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS VETERÁNS. Na maña do pasado domingo día 6 de Marzo  disputouse en  Fene o Campionato de Galicia de Campo a través de Veteráns. A proba desenvolveuse  nun circuito marcado no barrio de San Valentín. Acudiron á cita atletas dende 35 anos en diante que se atoparon cun terreo moi brando convertido pola choiva en intransitable. Pero iso non foi impedimento para o noso atleta Mario R. … Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat. MARIO R. 32 1093 M-35  7.300 m 34.19 16 … capaz de superar calquera obstáculo que atopaba no...